XXXI Feira do requeixo e mel

Requeixo e mel As Neves

As Neves 29 e 30 de Marzo do 2024.

Os próximos 29 e 30 deste mes de Marzo As Neves celebrará a súa trixésimo primeira Feira do Requeixo e Mel, festa que é, de maneira moi merecida, de Interese Turístico de Galicia. O requeixo e o mel son dous produtos gastronómicos enormemente importantes na vida económica e social das Neves. E esta transcendencia está motivada porque probablemente non haxa no mundo Requeixo e Mel de tanta calidade como os hai nas Neves.

Os días da festa toda a poboación local pon o mellor de si mesmos para que os milleiros de persoas que cada ano se achegan ata o pobo a gozar do evento se sintan como na súa propia casa. Así foi nas 30 edicións anteriores e non nos cabe dúbida de que tamén será así neste 2024.

As actividades deseñadas para facer máis atractivo o contido relacionado coa esencia da Feira arrincaron o pasado día 16 cunhas xornadas sobre a vespa veleutina celebradas en Batalláns e contaron cunha ampla gama de eventos como por exemplo andainas, ou mesas redondas e catas comentadas, como non sobre o Requeixo e Mel. Nós convidamos a todas as nosas lectoras e lectores a que se acheguen calquera dos días da Feira polas Neves pois temos a certeza de que quen coñeza esta feira a vai converter nunha visita obrigada ano tras ano no seu calendario persoal de eventos imperdibles .

A continuación ofrecémoslle o programa de actividades da Feira: