Hoxe, non e, como onte!

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira

Manuel Alfonso Estévez

Hoxe, non e como onte! Frase que non está a destempo, e que lembro daquel “Movemento Obreiro” de VIGO EN LOITA, de onte e de hoxe, que deu a folga mais longa desta cidade no ano 1.978.


Lémbrome que alí estaban todos: Benito, Camilo, Carlos Barros, o amigo Waldino Varela e Fontán (o cerebro); sindicalistas coas súas asembleas, comités e experiencias do 1.972

Toda a clase obreira as 7 da mañá polas empinadas rúas cara o porto vigués, e unha vista marabillosa coas fundas dos estaleiros, e as fábricas de peixe, as “Conserveiras”.


Unha xeración, e detrás Vigo, co porto pesqueiro. Lémbrome camiño dos 93 anos, da familia de Benito que vivía da agricultura, comendo o que cultivaba e o que vendía, dáballe para mercar algo, e ir tirando … O normal.

Había rematado a escola, pero a sorte permitiulle seguir estudando, internado no Xesuítas na Garda, logo en Salamanca, e logo na Universidade de Comillas. Tres anos de Filosofía e catro de Teoloxía, para ser cura.


Cos trinta asomándolle a cabeza, _o __t__iña claro, máis que claro!_ Xesús non predicaba dende o altar, e el, quería servir a comunidade e vivir en ela, pero houbo tristes equívocos, desconfianzas e incomprensións: “A Igrexa e a Clase Obreira”.



A lo menos conseguírase que en cada parroquia houbera unha misa en galego, pois o latín non e a lingua do pobo. E debo dicir, e digo, que Benito como cura aprendera a “soldar, sen ser caldereiro”, pasando a historia como un cura obreiro.


Foi un activista da “Irmandade Obreira”, de Acción Católica, e doutras organizacións.

Traballou nas minas de Asturias, e, en Madrid, na construción. En Asturias, atopouse con mais de 30 curas obreiros que Benito non coñecía. A súa Orde era Xesuíta, con un movemento social forte: “Todo para implantar a doutrina social da Igrexa”.

Eu teño, dentro dos meus anos, referencias, de que as veces se quedaba no monte, e outras no local de Caritas, que precisamente (Caritas non sabía nada), pero había compañeiros que vixiaban, atentos a calquera movemento da policía.


Non se coñecían todos, e traballaban en células. De feito, o “multicopista” non o coñecía ninguén, e a propaganda empezaba nun bar, que recollían logo despois. Eran días de noites clandestinas, e xentes dos estaleiros de Barreras e Vulcano …


Naquela eran tempos na que os estudantes se proletarizaban – introducida a conciencia burguesa nas mentes – o deber de traballar de xeito estaba cos seus compañeiros nas fábricas igual que os curas obreiros.

A desidia política organizada na contorna do PCE e a Clase Obreira, organizada a “Liga Comunista Revolucionaria”, o “Movemento Comunista” e a “Bandeira Vermella” borraron os berros dos traidores, quedando unha brisa, ou unha mirada perdida do que foi e puido ser e non foi.


¡HOXE, NON É COMO ONTE!

E a pesar de todo, aqueles tempos eran tempos de unidade obreira, todos xuntos e nas fábricas se traballaba a xeito en conxunto. As asembleas eran debates e un canto as decisións tomadas. Así dende: “Mirade irmáns, eu vos bautizo …”, dende unha pedra, parodiando o párroco, outros ríndo, e o amigo Waldino Varela, sentíndose líder do Sindicato de Vulcano, se agarraba a Benito.


¡HAI QUE OLLAR COMO CAMBIARON AS COUSAS!

Así foi pasando o tempo na defensa dun e outro compañeiro e o único cura de Ascón, non tardou en ser referente na loita social.


¡HOXE NON E COMO ONTE!

E Davila, dos estaleiros Ascón, morre mozo de cancro, e a empresa vendida a Estaleiros do Cantábrico: “Ou todos ou ningún”, era a consigna. Daquela, había moita solidariedade.

Camilo Nogueiras, dera un millón de pesetas recibidas dunha indemnización de Citroen, e xa non había volta atrás. Na alcaldía o PSOE non era capaz de xestionar nada. As asembleas se celebraban na Igrexa, mentres se negociaba, chegando a gritar: ¡Traidores! ¡Traidores! As empresas pequenas pechaban para non abrir, e a xente preguntaba: ¿A onde irá esta xente?

As asociacións de veciños, se foron despolitizando chegando os anos da droga: “Morreu moita xente”. A pobreza volveu coa droga … e aparecen “Os Ninguén” que levan a pobreza por bandeira.


¡HOXE NON E COMO ONTE!

E, os que pintamos canas, os que rimos e choramos, unidos de broma, entre curas e traballadores, fumos os pesimistas da razón, e os oportunistas da vontade; e os que quedamos vamos la andando neste vale de bágoas, esperando, por exemplo, que A Nova Peneira ( A nosa) recolla, como sempre, o benestar social da nosa terra.