O PSdeG-PSOE aclara que reducir o pago aos proveedores non significa ter as contas municipais saneadas, pois a pésima xestión do alcalde do Porriño está a deixar débedas de 3M€ en intereses eludindo as recomendacións de Intervención de reservar 6M€ para solventar a débeda da auga con Vigo
O Porriño, 3 de abril de 2024
Os socialistas do Porriño vense na obriga de aclarar os datos remitidos polo Goberno Local do PP, tras o envío dunha nota de prensa aos medios na que pretende agochar a súa incompetencia.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo e o seu equipo do Partido Popular do Porriño lanza ao aire cifras, previsiblemente satisfactorias, sobre o período medio de pagamento a provedores. Namentres, tras analizar polo miudo a situación, é evidente que estes cálculos non reflicten unha xestión eficiente, senón máis ben un intento desesperado por ocultar a verdade.
A realidade é que a diminución do período medio de pagamento a 42 días, non é resultado dunha xestión competente, claramente son o resultado dunha acción externa: o goberno español finalmente asumiu a responsabilidade de saldar as facturas que, o alcalde na súa etapa de oposición, obstaculizaba e negábase ao seu abono bloqueando de seguido o seu pago.
Esta medida, aínda que aparentemente favorable, supón unha carga adicional para o Concello de Porriño e os seus cidadáns, que agora vense obrigados a reembolsar ao Ministerio de Facenda o importe adeudado en facturas de 3M€, máis un millón de euros máis en intereses.
Para comprender a verdadeira natureza da situación, hai que subliñar, que estes fondos nunca chegaron aos provedores a través do Concello de Porriño, senón que foron desembolsados directamente polo Ministerio de Facenda.
Resulta moi decepcionante comprobar como o alcalde e o seu equipo tentan enganar aos cidadáns con cifras maquilladas, mentres a realidade económica do Concello esfúmase rapidamente xa que fulminou os 13M€ existentes nas arcas municipais, saltándose as recomendacións do interventor de reservar 6M€ para pagar a débeda con Vigo.
Dende o PSdeG-PSOE do Porriño exiximos unha maior transparencia e responsabilidade por parte do goberno municipal, pois semella que se esquecen desta en demasiadas ocasións.