Ecoloxistas en Acción denuncia ante a Confederación Hidrográfica Miño – Sil a existencia dun emisario de fecais procedente da cidade deportiva do Celta en Mos que está vertendo no monte de Tameiga enriba dos mananciais das Traídas de auga veciñais.
As análeses encargadas por Ecoloxistas en Acción a un laboratorio autorizado polo Ministerio sinalan que a vertedura ten unha carga de fecais que supera en 35 veces o máximo permitido.
Grazas a alerta dun veciño, detectouse esta tubería de gran diámetro que sae soterrada do alxibe de refugallos da cidade deportiva do Celta e cuxa boca está agochada entre matorrais. Tras o aviso dun vecio da zona, membros de Ecoloxistas en Acción inspeccionaron o perimetro nordeste que limita co monte de Tameiga, atopándose cunha tubería de gran diametro que sae soterrada da cidade deportiva, a altura da cuba de refugallos, e verte a uns metros ladeira abaixo, coa boca da tubaxe ben agochada entre arbustos.
A zona de vertido desta tubería é xusto na ladeira do monte de Tameiga onde a poucos metros se atopan varios pozos de extracción das traídas de auga veciñais de Mos, que abastecen a gran parte dos fogares das varias parroquias de Tameiga, Petelos e Sanguiñeda. Ante a alarma xerada por este verídico, ecoloxistas en Acción solicitou a un labarotario autorizado polo ministerio a recollida de mostras e posterior análese. Os resultados do laboratorio reflicten que o vertido da cidade deportiva do Celta contén unha concentración de 3600 ufc/100 ml de Coliformes totales cando o máximo permitido é 100, contén 1700 ufc/100 ml de Enterococos e tamén de Estreptococos cando o máximo permitido é 100, e tamén superan a concentración de coliformes fecais e Escherichia coli en varias magnitudes el máximo permitido. Ecoloxistas en Acción ven de denunciar ante a Confederación
Hidrográfica Miño – Sil o que a todas luces semella un vertido de fecais ilegal que está poñendo en perigo á saude das familias que se abastecen de auga dos pozos que se atopan ladeira abaixo do vertido. Tamén puxeron en coñecemento da situación á plataforma A auga é vida que agrupa ás traídas afectadas e á propia Comunidade de Montes de Tameiga.
“O Celta coñece de sobra a existencia dos mananciais e captacións de auga das traídas nesta zona e aínda así está facendo un vertido continuado con alta carga de fecais que é unha ameaza para a saúde pública da veciñanza de varias parroquias de Mos. Isto é un delito ambiental, pero tamén un atentado contra a saúde pública que levaremos ante a xustiza_”, declara Elena Álvarez Antelo, enxeñeira forestal e voceira de Ecoloxistas en Acción.