BNG solicita impulsar a construción das dúas glorietas da N-120 ao seu paso por Ponteareas
Co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, a senadora do BNG rexistra iniciativas e traslada a demanda veciñal para pór fin á alta sinistralidade.
Carme da Silva pregunta sobre o estado do proxecto construtivo e cando ten previsto iniciar as obras, así como a previsión de remate das mesmas.
Lembra que estas actuacións se atopan recollidas no acordo de investidura asinado polo BNG no marco da investidura.
