

Neste capítulo imos ver como o exército galego entra por Ponte Barxas, gaña os cuarteis da infantería portuguesa e obriga a retirada destes até que son rexeitados. No entanto o Xeneral vaise da provincia chamado polo Rei.
Vendo o enemigo gañadas as súas fortificacións, feitos cinza os lugares de Padrenda, onde estaba acuartelado, traballou en fortificarse de novo sobre o anterior. No dezaseis de setembro de 1641, fixeron entrada por Ponte Barxas, onde estaban situados os nosos capitáns Martím Teixeira Coelho, Francisco Azevedo Coutinho e Francisco de Gouvea Ferraz, que por máis presa que se deron, despois dalgún descuido, acudiron a Ponte Barxas para impedirlle o paso, pero o enemigo aproveitando a vantaxe do descuido púxoos en fuxida, deixando prisioneiros a João de Barros natural de Braga e a Jorge de Lemos de Felgueiras. Queimados os nosos aloxamentos, onde estaban os capitáns Rodrigo de Moura Coutinho, Mathias Osorio e Dom João de Sousa, que acudirán con socorros dende Melgaço, tamén o capitán Martím Coelho, os Alféreces de Amador Rodolfo de Loaisa e Christovão Mausinho de Vasconcelos, entráronlles tamén nos seus aloxamentos, obligándoos a retirarse o alto do monte, pola parte do mosteiro de Feaens.
Feita esta incursión, tornou o enemigo a retirada a Galiza con dous mil Infantes e douscentos cabalos que trouxera. Os nosos Infantes foron somentes uns trescentos.
Reforzou o Xeneral a campaña cos capitáns Simão de Távora, Martím Teixeira e Francisco de Azevedo, resultando que o enemigo detivo as operacións, ( tamén por chegar o inverno), porque se nos chegan entón a acometer, conseguirían penetrar no noso territorio. Os nosos capitáns estaban aloxados en distintas partes. A virtude unida e mui forte e sendo os capitáns Rodrigo de Moura Coutinho e Mathias Osorio Ranguel opostos a calquera invasión do enemigo, vendo como os capitáns Francisco de Azevedo, Martím Teixeira e Francisco de Gouvea Ferraz, que o Xeneral de novo mandava para aquel lugar, ficando aloxados por baixo do vale, lugar moi arriscado, lles mandaron advertir que aceitasen as súas barracas e aloxar a campaña toda xunta, porque así, sendo o seu poder tan pequeno, todos unidos poderian oporse a calquera intento do enemigo, o que non quixeron facer levados do brío e a temeridade do portugués. O verdadeiramente importante non é tanto o brío, senón non perder os postos e para defendelos valerse de tódolos medios, non imaxinar por bisoñería o enemigo floxo senón velo forte.
Recolleuse o Xeneral para Braga no mes de Decembro de 1641, para conducir soldados, que se tiñan ausentado das fronteiras, para no principio da primavera tornar a continuación da guerra con desexo de invadir Tui, esperaba a consignación de diñeiro xa que pretender dar guerra sen el e como querer voar sen asas. Para refacer o seu exército quería renovar a memoria do seu proxenitor, o Mariscal Gançalo Vaz Coutinho, nas tomas de Tui en tempo do Rei Dón João I. Para cuxa execución tiña cortada e serrada madeira, feita petición de barcos, o que non puido efetuar por canto a súa Maxestade o mandou chamar a Corte en Lisboa.
Débese moito a Dom Gastão Coutinho por defender a fronteira tan desmantelada naqueles principios, contra o valor e a prudencia militar do Marqués de Valparaiso, Xeneral no seu tempo do Reino da Galiza, tan prevenido que traía entre catro e seis mil Infantes, oitocentos cabalos con capitáns experimentados e oficiais de grande nome, Infantería adestrada por trescentos soldados que viñaran de Flandes e muitos outros tirados das prazas e guarnicións.
Cando o Xeneral se foi para Lisboa, deixou nomeados tres Gobernadores de armas: o Mestre de Campo Viole Datis, Manoel Telles de Meneses, Alcaide maior da fortaleza de Viana e Diogo de Mello Pereira, cavaleiro da Orden de São Loaõ, Capitán maior de Barcelos, eleción que súa Maxestade aprobou e despachou polo Capitán maior de Valadares a Antonio de Queirós Mascarenhas, que nese tempo coa xente de aquel termo fixo algunhas entradas na Galiza, con queima dalgúns cinco ou seis lugares polo Porto dos Cabaleiros e Castro Laboreiro, en esa ocasión tal sorte tivo que se retirou con duas mil cabezas de gando. E tamén os moradores de Castro Laboreiro, escandalizados da queima que o enemigo lles fixo o 20 de Agosto do ano 1641, uníronse e cobraron tanto ánimo que desde aquel tempo para acá fixeron grandes entradas na Galiza até catro ou cinco leguas adentro, de xeito que se fixeron gananciosos da perda que o inimigo entón lles dera.
No seguinte capítulo imos ver a entrada que fixeron no reino da Galiza os Gobernadores de armas Viole Datis, Manoel Telles de Meneses e Diogo de Mello Pereira.
Escribiu Ruy de Figueiredo de Alarcão, veciño da provincia de Tra Os Montes ó Xeneral de entre Douro e Minho, (que ao seu cargo tivese en 28 de Agosto de 1632), porque decía que o Prior de Navarra, (o cal sucedera no Xeneralato das armas da Galiza ó Marqués de Valparaiso), tiña reunido todo o seu poder para entrar por aquela fronteira, e que determinaba sair en campaña para presentarlle batalla coa xente da provincia que para iso tiña conducida. Como súa Maxestade lle escribira, avisaron ás forzas fronteirizas para na ocasión axudárense, indicou como habían de facer o 04 de Setembro de 1641, para que en manobra de diversión entraran na Galiza dende aquela fronteira.
Con esta carta, que foi dada o Mestre de Campo Viole Datis, escriviu logo ós Capitáns maiores e Concellos de toda a provincia para que provisionaran xente e suministros, avisando xuntamente ós Gobernadores da súa eleción. Viu logo, Diogo de Mello Pereira e tras el Manoel Telles de Meneses a Monção onde asentaron que sobre o sete do mes estivera Diogo de Mello en Castro Laboreiro para recoller a xente que foran recibindo, como fixo axudado de Luís de Oliveiros, Sarxento maior do Terzo, até o trece de Setembro. No día doce tiñan chegado os outros dous Gobernadores, todos os cales facendo reconto da xente e dando orde de dispor de todo o material necesario, decidíuse que o Capitán Antonio de Queirós Mascarenhas fose na noite do día doce descubrir a campaña, indo con el Francisco Pereira Pinto, Antonio de Sousa Cirne, Sebastião Pita, Antonio Jacques, João de Queirós, João de Barbeitos e outros.
Feita xunta de Sarxentos maiores e Capitáns, sobre o modo de cómo se había de facer a entrada, tomada a resolución, chegou carta de Ruy de Figueiredo na que decía que se entrara, se pelexara e se retiraran, que ainda que xa non fora necesario o movimento de diversión, non era impedimento facer dita entrada.
Comezando a marcha na mesma tarde do día trece, asentáronse os Gobernadores preto da raia coa vangarda, ficando o Mestre de campo na retagarda encamiñando municións e suministros, chegando o amencer o lugar onde os dous Gobernadores o esperaban. Dirixíronse a Galiza pola Chaã de Crasto e sendo avisados por batidores de cabalo, que parecía nun outeiro por onde había de pasar xente de a pé e de cabalo do enemigo, e por até alí viren os nosos escuadróns desfilados pola aspereza do terreo, tornou a compolos o Mestre de Campo Viole Datis. Deles levou a ala dereita da xente de cabalo Manoel Tellez de Meneses, a esquerda Diogo de Mello Pereira, o Mestre de Campo acudía a unha e outra parte. Marchando deste xeito foron buscar o enemigo, que envestido polas nosas tropas, por un e por outro lado e o Mestre de Campo polo medio, despois que o enemigo deu as súas cargas, púxose en retirada por non poder resistir o ímpetu dos nosos.
Marchou na vangarda a xente de cabalo. Por aventureiros Francisco Pereira Pinto, Jerónimo Pereira de Sáa, Antonio Pereira de Lima, Fernão Taveira, Chistovão Correa señor de Farelãens, Francisco Rodrígues de Carbalho Abade de Anha, Francisco de Abreu Soares, Sarxento maior de Guimarãens, Luís Machado e outros. Na ala esquerda, Lopo Pereira de Lima, Rui Pereira de Souto Mayor, Antonio de Sousa Cirne, Antonio de Queirós Mascarenhas, Sebastião Pita Soares, Felippe de Mello, João de Mello de Sampayo, seu hirmán, Gaspar Pereira de Mazareses, João Machado de Eça e o adail (gúía), Francisco Soares de Castro , hoxe Gobernador das armas da vila de Monção e outros.
Do terzo do Coronel? Viole Datis, que ía as ordes do Sarxento maior Luís de Oliveiros Fàmel, levában a vangarda os capitáns Andre da Costa e Rodrigo de Moura Coutinho e na retagarda o capitán Gaspar Casado Maciel e os Capitáns Francisco de Gouvea, Joao de Faria, Constantino Moreira e Carlos Luís de Ataide. Os Capitáns Roque Mont e Jacinto de Magalhães de Meneses gobernaban unha manga de aventureiros temerarios en que ía a xente nobre de Monção, indo sempre na vangarda, para recoñecer a campaña, que o recollerse viñan na retagarda.
Na vangarda dos lanceiros piqueiros ían os Alféreces por non levar bandeiras. Na ala dereita o Mestre de Campo Francisco de Brito Freire, que sendo ainda xoven, nos encontros deu mostra de ser bo soldado, avistaron o enemigo, sairon a buscalo os aventureiros e as Capitanías de Andre da Costa e Rodrigo de Moura, onde ían agregados o Capitán Miguel Correa e os seus fillos da vila de Viana, porque a máis xente desta vila voltouse de Crasto. Seguía logo outro escuadrón de xente paga, gobernada polo Sarxento maior Symão Pita Porto Carreiro, que levaba a retagarda do exército, xunto co capitán Martim Teixeira Coelho, formando as compañías de Lourenço de Amorim, Thomé de Paços e Bernardo Pereira. Na vangarda ía o capitán Pero Rodrígues de Abreu. O Alferez de Christovão Mauzinho de Vasconcelos, ficou indisposto. Este contratempo fixo que tanto a vangarda como a retagarda ficaran contrariados.
Formáronse cinco batallóns máis, que ían no medio dos pagos, un da xente de Arcos de Valdévez a orde de seu Sarxento maior Valentím Brandão Coelho, outro de xente de Braga a orde do seu Capitán mor Fernão Pereira do Lago e os Capitáns dos volantes Pero da Cunha Souto Mayor, Inacio Correa, João Pereira, Bras Pereira e outros daquela cidade. O outro de xente de Ponte de Lima a orden do Sarxento maior Belchior Pacheco e Fernão de Amorim Salgado con outros.
Outro escuadrón dos concellos de Cabeceiras e Celórico de Basto a orde do Capitán Antonio de Lima, outro dos volantes daqueles concellos, do de Felgueiras e Baião a orde de Martím Gonçalvez da Cámara e Paulo Pereira de Azevedo.
No medio destes batallóns marchaban as municións e demáis útiles de guerra, a cargo do Tenente de artillería Antonio Gonçalvez de Olivença, que padeceu gran traballo en conducilos pola aspereza da terra, ía de guarnición súa a xente de Barcelos co seu Sarxento maior Simão Ferreira Páez e constaba todo este exército de cinco mil homes, incluidos novecentos Infantes pagos.
Marcharon desta forma o 14 de Setembro de 1641. Recolleron todo o gando dos campos que se lle atopou o enemigo e aloxáronse no lugar de Corvelho?, de máis de cen veciños, que logo foi saqueado e queimado. Na segunda noite cometeuse un grave exceso, que pedía particular pesquisa e castigo. Correuse polo acuartelamento un rumor que decía, “retírate, retírate, Portugal, Portugal”, de modo que estaban as tropas inquietas e os de ordenanza dispostos a voltarse, pero non se puido saber quen foi o autor ou autores do rumor que merecerían grave castigo.
O día seguinte, xa repostos, os Sarxentos maiores Valentim Brandão e Antonio do Rego coas súas xentes, queimaron todos os lugares do Val de Grou e Vilarinho, onde moraba Dom Lourenço Feijo de Novoa, Capitán maior e Cabo da vila de Lobeira e outros Concelhos. Según avanzaban, apareceu no alto dun monte, en número de 400 soldados de Dom Lourenço, que logo desapareceron investidos polos nosos. Daquí foron a Vila de Lobeira, cercada de muro con seu Castelo, que desmantelamos e saqueamos. No entanto viu o Mestre de Campo a un soldado, galego rústico, reparando que o Abade daquela igrexa lle dera a chave do Sagrario e levaba dalí o Santísimo Sacramento nun vaso. O Mestre de Campo fixo que llo devolverán a Joseph Vaaz Pinto, Abade de Barbeita, sendo o Santísimo Sacramento restituido no Sagrario, venerado e acompañado de todo o exército. Nunca a veneración do Santísimo Sacramento sería máis segura que cando o exército portugués ande en campaña. O soldado rústico foi posto en liberdade, pero a sua casa foille queimada por falterlle ó respeito que se debe o tesouro con que foi descuberto.
O día dezaseis continuou o estrago, e recolléndose o exército para Lindoso, tiña o enemigo quebrado a ponte dun río e feito medias luas e trincheiras con estradas cubertas, dispostos a defender o paso con algunha mosquetería, pero foron superados o tomar un atallo por uns outeiros. Marchóuse por Galiza máis de oito leguas en que se queimaron perto de 150 poboacións e tróuxose cinco mil cabezas de gando, tomáronse moitos prisioneiros ós que logo se deu liberdade, matando ós que se resistiron, sen perda de ningunha persoa nosa.
No mesmo día tiñan ordenado os Gobernadores a Vasco de Azevedo Coutinho entrase coa xente que se lle mandou agregar, pola Portela do Home contra o cencello de Lobios, e a Bento da Sylva de Meneses, Capitán maior das vilas da Barca e dos Arcos con Luís da Sylva de Meneses seu irmán Capitán maior de Regalados, que entrasen como fixeron polo concello de Lindoso. Os lugares que se queimaron e saquearon polos nosos foron Bande, Sta. Cristina e outra vez Entrimo, todos concellos mui poboados, os vales de Grou e Vilariño con parte dos contornos de Celanova e no concello de Lobios. Moitos destes lugares, queimados e saquedos anteriormente polas nosas armas, foran de novo reedificados.
Proseguirá…
Salvaterra a 12 de Xuño do 2022
(Crónicas da guerra Duriminia, Dr. João Salgado de Araujo, Lisboa 1644)