
En breve virá o 25 de xullo, data de celebrarnos todo o ano e todos o anos. Contaba escribir do día e do que representa, mais unha amizade pediume encarecidamente que continuase definindo esa República á queme referín no anterior artigo e á que creo e quero pertencer, quizaisel tamén. Esa profesada devoción a ese lugar sen amos nin patrón, sensubmisións ou dependencias, no que cada quen ten o seu espazo,garantido en dereitos, obrigado en deberes de participación. Ese lugarno que recuperemos a vontade de ser, para ser Patria e Matria todos osdías, lonxe daquela xente que nos quere vender -no continuo abuso- oque non é xusto por xustiza, coma no caso da Nosa Lingua, asegundada econfrontada entre o desexo de querer empregala contra a obriga decoñecer outras, coa multitude de medios colaboradores que nos privan,xustamente a nós, de habitar a razón e a lóxica. Iso repárteno aoutras linguas que, en uso e emprego, en documentos, en películas, enprensa, en libros, en todo, están beneficiadas! E non falemos dasreparticións que nos vulneran, que nos impiden rexurdir das nosascinzas. Será unha república na que non hai xente aforada, protexidacontra a verdade senón pola contra obrigada á responsabilidade de dara cara e responder dos seus actos, tamén da súa pasividade. Lugar senpresos políticos, a xente que pensa distinto non ten porque sufrir alei que o quere impedir. Certamente “a miña república” segue a serese lugar de liberación onde as palabras dadas teñen o peso necesariopara documentar acordos. Na miña república non caben traidores ninxente falsa, farsantes, mentidores que rouban e finxen, nin sequeraaqueles que finxen defender a verdade e se aproveitan. Tampouco teñensitio as persoas que abusan coa actitude de oprimir a outra xente. coasúa sibilina sedución ou co disimulo da arrogancia, do negocio, doabuso desde o poder. Esa república que soño, e na que confío, érespectuosa con toda a xente, non entende de “distingos”, cada quené como é, libre e na condición de aceptar e de aceptarnos, derespectar e de ter abeiro para vivir, sobre todo quen menos pode,marxinados, os que non teñen nin forzas, débiles, enfermos e doentes,xente maior que precisa de máis axuda, rapazada que aínda buscareferencias e o seu sitio, que precisa aprender e buscar limposhorizontes desde a protección. Por iso na miña república, non haimega-ricos que acaparen e non aprendan o deber de repartir entre moitosaos que non lles chegou o que a eles lles sobra, porque pretende serxusta e a aqueles que máis teñen, obríganse eles mesmos a pagarmáis, na distribución compensatoria que corresponde xa por lei e pornecesaria condición, para alixeirar a vulnerabilidade no reparto debens. Dá acomodo a todo tipo de persoas, altas e baixas, gordas edelgadas, brancas, negras e coloradas, apoucadas ou resoltas. Onde sedebe ser feliz e contar días por sorrisos, por música e esperanza, poransias de novas experiencias e, a un tempo, sen demoras preguiceiras oudesculpas demoradas. A experiencia de vivir debe ser positiva e axudada,e máis cando as cousas veñen mal dadas para seguir o consello e aaxuda axeitada a cada situación. Sen estridencias, sen espectáculosgrandiosos que sempre ocultan e conculcan a liberdade doutra xente queanque non vemos, dóense. Está nun lugar visible pero sen eseaparatismo que oculte sentimentos e emocións. Esa república noninventa grupos de calquera signo para posicionarse na vinganza, naderrota, na división, no incumprimento e despois oporse a novos grupos,sen sequera buscar tratados de defensa ou de ataque, non terá armaspara a protección ou loita en bloques que presintan novos bloquesopostos, muros e contendas que impidan o sosego. Será unha repúblicacon portas de acceso e convivencia. Tampouco será equidistante entre osverdugos e os agredidos, non. Non porque é inxusto e falta aocompromiso, procurará estar cos da verdade, cos que sempre perden, nostempos de hoxe cos que soportan o peso dos mundos inxustos, gobernos queditan contra nós, que nos teñen defenestrados en leis, en burocraciasfeitas para castigar, para ofender e perturbar. Non, a miña repúblicaé -ben o sei- de momento unha república só de soños e de ideas, quese acocha no meu maxín e no de moita outra xente que, aínda así, nonve luz porque todo se puxo triste e non somos dos que non se agachandiante dos grandes e poderosos, mais que se avergoñan hoxe dos quegobernándonos non fixeron nada por cambiar esta inxusta situación dedesamparo. Si, a miña república tamén é algo anárquica e ermitá,está fóra dos tempos que corren, onde todo ten como solución aamputación dos que discrepan. Ai, pero a miña república é grande eespazosa, dadivosa e comprensiva, extensa e largacía, ordenada emetódica, capaz de resolver actualidades, de pórse de novo en acciónpara resolver novas e vellas angueiras, de saír do caos, onde tamén secocen as fabas. A miña república é pública e non privada, non deprivilexios nin sordidamente abeirada, nin illada e solitaria. Nonpermite o esquecemento senón que sorprendentemente aprende da memoria edescobre o modo de agraciar e compracernos, meditando o peso enorme dequen non pode valerse.
Eu ben sei que todo isto pode parecer un soño, pero é esa a repúblicaque agardo como referencia deste vivir caduco que tan breve noscontempla. É xusta e necesaria para que na totalidade dos que somospoidamos crer e crear unha democracia de verdade, a menos mala para atotalidade, nunca de escollidos ou abusadores que nos fan perder a fe nodesprestixio, coa súa corrupción xeneralizada. Cómpre sintamos opracer de pertencer a esta fala, a esta terra que é nación, Patria.Sen fanatismos que se carguen de sentenzas previas, sen ideoloxías queoculten a razón con frases lapidarias. Nesa subscrición que non sesubordina a nada nin a ninguén, senón que nos enaltece e sublima noorgullo da rebeldía por amar a nosa Matria. Onde traballar e loitarsexan un banzo máis de dignidade para dar cabida a todos, onde aXustiza dea conta dos ofensores, puntualmente, e fará cumprir conexemplo debido a Lei que debe gobernarnos, sempre que conteña unhaConstitución Lexislativa vertebradora e que nos conduza, primeiro, aque teñamos o dereito e o deber de non a acatar o que resulte inxustoe, despois, que ofreza a posibilidade de esixir esclarecer as razóns decalquera irregularidade non contemplada, sen que por iso poidamos serperseguidas ou reprimidos.
Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero.
