“Hai un mes que pedimos datos sobre o número total de vivendas con esen saneamento e contestan dicindo que teñen ‘dificultade derecompilación’. É a mesma solicitude que realizaramos en 2021 eaínda estamos agardando.”
GONDOMAR, 03 de agosto de 2024.
O BNG de Gondomar denuncia o atrasodeliberado por parte do goberno local na achega da información sobre aimplantación no concello do servizo de saneamento que foi solicitada xahai un mes.
En concreto, a organización nacionalista solicita información sobre onúmero de vivendas con e sen saneamento por barrios e parroquias noconcello de Gondomar, e unha relación dos proxectos para a dotación desaneamento novo (a vivendas que non o teñen) existentes na actualidade,calquera que sexa o seu estado de tramitación, con indicación daparroquia e número de vivendas por barrio ás que darán servizo.
“É a mesma solicitude que realizamos en 2021, reiterada en sucesivasocasións, e aínda estamos agardando”, denuncia Manuela Rodríguez,portavoz municipal do BNG. E explica que “os datos solicitados sonclave para avaliar as necesidades e para determinar cales son as zonasprioritarias á hora de acometer un plan de actuación para o saneamentointegral do concello, e non ir facendo ao chou, de xeito improvisado,‘marca da casa’ do goberno de Paco Ferreira”.
Para o BNG fica claro que o goberno local non quere dar eses datosporque deixarían en evidencia o que desde o BNG veñen denunciando: oalto número de vivendas sen saneamento, o escaso investimento nosúltimos anos para ampliar o servizo e a ausencia de proxectos naactualidade que indiquen un mínimo cambio nesa tendencia.
Mostra diso é a resposta dada desde Alcaldía para xustificar ademora, presuntamente debida ‘a dificultade de recompilación dainformación’ razón pola cal precisan ‘ampliar o prazo deresposta’. Para o BNG e evidente que estas escusas que non sesosteñen. Porque, se o Concello pode cobrar a taxa de saneamento, comoé que non sabe cantos abonados hai? E se hai dous anos o Concello puidocolocar unha placa en cada vivenda e inmoble de Gondomar, coaindicación do seu número e bario correspondentes, como é que non sabecantas hai en total? Aínda poden quedar dúbidas de por que levan anosocultando eses datos?”
Desde o BNG trasladan á veciñanza que seguiran a defender a absolutaprioridade deste servizo e a esixir do goberno local medidasencamiñadas a dotar ao concello dun plan estable de actuacións einvestimentos na procura do saneamento integral do concello de Gondomar.