En Marín morremos de éxito

Artigo de opinión A Nova Peneira
Pedro M. Cortegoso Gago Artigo Opinión A Nova Peneira
Pedro M. Cortegoso Gago Traballador do Sergas

Nos últimos anos sempre se repite o mesmo patrón, na época estivalmorremos de éxito con tanta festa “multitudinaria”. Nas festas do Carme e na Corsaria as nosas rúas énchense de xente, no San Migheleiro tamén pero esta celebración non se pode comparar, todo amaior gloria dun goberno municipal que enche o peito e bota as contasda leiteira. Porén, o resto do ano, como me comentaba un taxistaunha noite vindo de Pontevedra, Marín está morto e non tes onde ir.

E mentres os concelleiros e concelleiras, gobernantes ou non, van deunha sesión fotográfica tras outra en canto evento hai, as obras doría Lameira levan un ano paradas deixando unha imaxe lamentábel. Asobras do auditorio van camiño de superar ás do Escorial. As rúas están cheas de mexadas e excrementos de can que só se lavan cando chove ou deciden lavalas por algunha procesión. As edificacións sen rematar continúan destacando nas rúas máis céntricas dando unhaimaxe terceiromundista na nosa vila.S ó temos que dar un paseo para comprobar a decadencia do nosocomercio, en todas as rúas temos baixos comerciais fechados. Unhas rúas que están “humanizando” ampliando as beirarrúas mal copiando e improvisando o que fan noutros lares con mais éxito.

Nestes días de calor podemos padecer o sufocante que é camiñar sobre baldosas que acumulan a calor, nunhas beirarrúas anchas que se poderían humanizar de verdade colocando arbores que deran sombra e nós protexeran do sol. E xa que falamos de humanizar, poderían termáis humanidade coas persoas que van en cadeira de rodas e facer as baixantes das beirarrúas menos inclinadas. Polo ben destas persoas edas que teñen que empurralas.

A hostalería non vai moito mellor, aínda que nestes días vexamos movemento no computo anual parece que non dan as contas e moitos negocios viven constantes cambios de xerencia. Cambios e algunha sonada fuxida coa caixa.

Alguén terá que dicirlle ao rei, neste caso á nosa raíña Ramallo,que está espida. Pese a constante propaganda e as miles de fotos quese sacan para as redes sociais a alcaldesa e o seu séquito de concelleiros e concelleiras, Marín está quedándose atrás en comparación cos concellos que nos rodean.Mais non todo é negativo, temos o carril bici máis pequeno do mundo(e que non leva a ningures) e un aparcadoiro realmente disuasorio, xaque disuade a calquera de aparcar alí, e non que tan só investiron700,000EUR. Que grandes xestores temos en Marín.

Primer comentario

Deixa a túa opinión