
Falaba hai pouco tempo o meu amigo Manuel Cabada do tema este, euasentín firmemente pois malia o que poidan dicir sobre do caso as vocesdiscrepantes, os pobos que dan orixe, os orixinarios, os de procedencia,temos ancorada na alma unha demanda vella coma a nosa existencia. Unademanda que pertence á nosa configuración, ao noso adeene e quecamiña silandeira pero teimuda canda nós, no ánimo de reposición.Si, somos aquelas voces que enmudeceron á forza, que quedaron prendidasdos camiños, nas silveiras e que agora piden paso para seren oídas.Son voces de tanta xente abafada, disciplinada no silencio, que agorapedimos paso para evidenciar a verdade dos feitos. Son tamén aquelescuneteados e cuneteadas, a xente das gabias, dos arredores doscemiterios, dos paredóns, dos cantís, dos precipicios, doesquecemento. Lembran aquela querela contra o franquismo que se iniciouen Bos Aires? Aquela que o meu tamén amigo Darío Rivas, entre moitaoutra xente, propiciou xa hai anos para chamarlle ditadura á era deFranco e pedir que se fixese xustiza coa xente abrasada pola mesmaditadura? Que lección de dignidade, aínda hoxe non aprendida polosescurantistas de sempre que, por ilóxica ideoloxía, ostentan o poder.Todo chegará, non é unha ameaza, é o discorrer da historia que aofinal pon as cousas onde sempre deberan estar! É a verdade que se abreno medio da néboa.
E aí estamos nós, porque tamén son os pobos que dan orixe depertenza, como Galiza, coa súa Cultura e Lingua, coa súa Historia eLiteratura, coa súa tradición xa de vella, moito antes ca outras, quecoa súa orixinal forma de entender e pregoar o mundo, quere abrirse ánormalidade e á liberdade, esas que nos poñan no orgullo de ser e deaceptarnos tal cal somos, mesmo sen esa lacra perniciosas e vírica quebotaron riba de nós como é un abafante síntoma en complexo deinferioridade.
Galiza quere ser quen é, recoñecerse de novo, ser feliz sendo quen é,e rimos daquela xente que pensa que nos autoriza a ser, dándonos aesmola dun 30 por cento da nosa Lingua no ensino e unha ínfima parte deaportacións de Cultura nosa, no medio da invasión foránea que desdehai séculos asolaga. Iso si, paga enormemente débedas insostibles quearruínan os orzamentos e que doutro xeito puidesen arranxar algo oterrible desaguisado. Hai que afogar as intencións malignas dunhasituación de paupérrima autonomía sen autoxestión: porque teñen oscartos na súa bolsa. Sabemos que levamos séculos agardando estadescolonización que se exerce riba de nós, económica e culturalmente.É a historia dos que contaron a súa explicación da historia comolles pareceu -outra historia- e quixeron facérnola crer pensando que osdemais eramos parvos aceptando a versión que deron. Mais non tragamostantos ríos de tinta, tantas mentiras contadas polos corifeos do poder,mesmo de medios públicos adictos a subvención e submisión que ben seve e que dá proba de cantos son e dos que tantos houbo. Eses pobos sonos mesmos pobos que acabaron con outros pobos orixinarios e coas súasculturas, hoxe reclamadas nos foros internacionais e que amosan os denteevocando o carácter abrasivo das formas e do relato dado. Diso nóssabemos moito, non só o fixeron no lonxe xeográfico senón tamén noarredor, no periférico, como gustan dicir. Chega con aceptar acondescendencia ensumida e superficial, obediente. Chega con mirar asleis que tan des equilibradamente nos condenan á esa submisión noemprego da nosa Lingua, cun léxico e mesmo ortografía poucointegradora, cando debera ser de uso e conciliación como elementocomún de expresión, reconfortante e de habitar o mundo. Creo que aIgrexa pediu perdón, eu non o sentín ben, nin en alto, tan baixa era asúa voz que se agachou por detrás da ramalleira e aínda hoxe fangala, os seus próceres, dun idioma alleo para convencernos da Verdade,a súa verdade que, vista así, non é verdade! Anque de vez en candoveña un bispo, moi estimado, que rompa a norma. Eles ben saben, comatodos sabermos, que non chega con pedir perdón, que falta a reposicióne que esta reposición é de urxente execución porque senón serán asalmas en pena, as que resuciten para pedir o noso desde esta mesmacondena. Aos ladróns, nin auga mentres non repoñan. Iso día a súalei, a lei que debe prevalecer. Os roubos non deben quedar impunes. E encanto aos gobernos, que saiban, xa se ve en México e arredores, poralgo se empeza, que as cousas erguen pedindo a versión debida, pedindoque se solicite indulto e condonación, mesmo indulxencia. Pero non ahai, mentres non repoñan debidamente os prexuízos causados.Vulneráronse continuamente, ata hoxe. Miren senón, non só a NosaLingua e as outras da orografía peninsular. Vexan como son taménminoritarias e minorizadas, abafadas por varias linguas de supostoprestixio internacional. Acordan estes preceptos ditatoriais? Sonlinguas apoucadas pola invasión foránea pero tamén pola vontade dosgobernos que nos tocan sufrir. Isto ocorre na súa propia periferia, nados que só ven o seu embigo, nas súas ansias colonizadoras, quetristemente perduran. Non aprenderon a lección do seu propio fracaso.Aí teñen Altri, de novo en modo colonial. Mírense no espello e vexano ronsel que deixan. Nós non nos queixamos de vicio! E sabemos que xachegará o verán.
Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero.
