David Couñago denuncia que “o goberno municipal non lle comunicou ás directivas que os prazos rematan o 31 de outubro”.
Dende a organización nacionalista informan que o concello de Redondela publicou xa hai varios días as axudas ás Comunidades de Auga. “Unhas axudas que deben compensar o traballo que realizan estas entidades, nas parroquias onde o concello non presta servizo de suministro de auga potábel”, remarcan dende a organización nacionalista.
Pola súa banda o concelleiro David Couñago denunciou a falta de interese de difusión destas axudas polo goberno de Digna Rivas. “Publicáronse o 10 de outubro e sen comunicarllo ás directivas, cando o prazo para solicitar axudas remata o 31 de outubro”. Mentras en campaña eleitoral do ano 2023 anunciáronse en marzo, agora no 2024 fano en outubro. Fai un chamamento á que as directivas acudan de xeito inmediato a este proceso de axudas económicas obxectivo e transparente.
Cuestiona esta “falta de transparencia” do goberno municipal de Redondela. Mentras outras axudas dáselle publicidade na páxina do concello mesmo antes da publicación, as das Comunidades de Auga non se lles prestou ningunha atención. “Moitas Comunidades teñen que asumir cotas extras dos comuneiros e comuneiras para afrontar avarías, controis de salubridade, seguros e mantemento. O goberno municipal debe facilitarlle as cousas non ser un obstáculo”, afirma.
Estas subvencións creáronse polo decisivo voto do Bloque Nacionalista Galego en diversos acordos co goberno de Digna Rivas. “A nosa idea é que o orzamento para estas entidades se duplique cada ano ata que realmente se facilite e garanta o seu futuro”, sinala Couñago.
Destaca o edil do BNG o importante papel na captación, construcción de manantiais, rede de suministro, control, asunción de gastos, “e todo isto de xeito cooperativo e solidario”. Por esos motivos entende que o goberno municipal debe poñer maior empeño en colaborar con estas entidades.
Primer comentario