Un Manolo Vello en cada Concello

Manoel Vello

O próximo día 30 ás 13.00h, no cemiterio de Lardeiros( O Pino) os amigos e amigas de Manoel Vello lembrarano no 2º cabodano do seu falecemento. Posteriormente celebrarán un xantar de confraternidade e homenaxe á súa figura.

Manoel Vello foi un histórico militante galeguista falecido no ano 2022 aos 50 anos de idade. E cando dicimos “militante “ dicímolo en sentido estrito, pois Manoel sempre estaba en calquera causa que pulara pola defensa do país galego, da súa lingua, da súa cultura e da súa historia. Desde A Nova Peneira lembramos con cariño a túa compañía na nosa gala do Ano 2015.

Que a terra sexa luz para ti, Manolo Vello.