Humilde homenaxe as nosas castañas

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira

Manuel Alfonso Estévez, fillo de Fornelos da Ribeira.

Poucos seremos os que sabemos das nosas humildes castañas, que durante séculos foron unha das principais fontes de alimentación nos nosos eidos, sobre todo en épocas da falta de fariña para cubrir as necesidades que había.

Hoxe, polas rúas de Vigo, en cada outono, volve o cheiro das castañas asadas, faga frío ou chova, dando lugar aos postos de venda en distintas zonas para degustalas véndoas asadas, seguindo a tradición, e formando parte da venda ambulante.

A verdade é que hoxe xa non son os nosos labregos os que as comen, se non os que as collen e nós, o cruzar as rúas paseando polos postos das castañas, recen saídas a comelas.

Aínda me lembro hoxe, cos meus 93 anos, de recollelas cubertas do ourizo, coa súa cor amarela verdosa, que unha vez arrancada do seu caparazón marrón que as protexe, asadas ou cocidas, son suavemente doces.

A mellor época é o outono, e comelas crúas teñen un alto grao de “astronxencia”; comelas asadas ou cocidas ou – incluso – en “salsas” son un pracer.

Lémbrome ¡Como non! De marcalas co coitelo para “asalas” e antes abrir os ourizos e quitalas. E debo recoñecer que son un máxico protector de moitas lendas, é, en torno a elas, baixo as súas ramas, no ano 1.501 don Fernando El Católico, asistira a celebración dunha misa pedindo o atraso da chegada da tropa da reconquista.

¡Que tempos, en que a madriña as gardaba frescas e secas!

O castiñeiro, e un árbore que nos ampara, dende tempos inmemoriais, coa súa presencia na nosa terra, onde as condicións climáticas temperadas e húmidas, son ideais para o seu desenrolo.

Non debemos esquecer que o castiñeiro é un árbore nobre, con grande porte e fortaleza, e nos ofrece moitos beneficios mais aló das castañas. Lembremos que a súa presenza e protectora, enriquece o chan, pola súa materia orgánica, fertiliza o chan, e a súa beleza paisaxística contribúe a harmonizar o entorno, mellora o ecosistema e contribúe a saúde do ecosistema do ser humano. Sen esquecer as propiedades nutricionais da castaña, como fonte de enerxía, promove a dixestión, e contén vitaminas B C E ademais de ser rica en potasio, magnesio, calcio e fósforo.

Non podo menos que lembrarme dun castiñeiro aló polo rueiro do Ravelo, na parroquia de Santiago de Tortoreos (As Neves), coa floración na primavera e a súa culminación coas castañas no outono. Non me esquezo, ¡Non!, daquelas flores en forma de espiga polinizada polo vento… Nin tampouco dos ourizos no chan nin dos tipos de castañas de cando meniño: “A Castañea Almifolia”, a Dentata, a Sativa e outras mais que xa non lembro.

Dende, o ano 1.932 ¿Cantos castiñeiros e castañas comín na cociña de Cambra? No ano 1.940 as castañas representaban un elemento de valor cultural, gastronómico e económico moi significativo. ¿Quen non se lembra? Polo tanto, fora no forno, na lareira, na tixola eran unha delicia e apetitoso manxar outonal.

E, lémbrome a diario dos postos ambulantes nestes meses do outono, na cidade de Vigo, que grazas a eles, preparan e asan o ar libre, as mais populares castañas asadas. E me vexo paseando con un cornete de castañas recen feitas, pola praza de América.

Ademais do sabor é a súa presenza cada outono, coa dificultade para quitarlle a pel, proceso que acaba por fastidiar os dedos. Por iso, os digo que as “escaldedes” que é rápido e fácil. E aproveitando a ocasión se pode facer un “risoto de cebola, castañas e queixo”. O risoto levaría 400 grs. de arroz, 100 grs. de castañas, unha cebola, 3 ml de aceite, 100 ml. de viño branco, un litro de caldo de verduras e 50 grs de queixo. Se elabora cocendo as castañas unha vez limpas, se pica a cebola pochándoa na cacerola co aceite a fogo lento, se lle engade o arroz e se remexe, se lle engade o viño, as castañas e o caldo, e o arroz unha vez presto, se lle engade o queixo. E nada mais.

Bo proveito!