BNG Forcarei

Logotipo BNG

Dende o grupo municipal do BNG-Foro Forcarei lamentamos a decisión da alcaldía de cesar ao arquitecto municipal sen comunicación ao BNG. Trátase dun incumprimento do acordo de goberno polo cal esa é unha área exclusiva do BNG.

Descoñecemos os problemas internos do PSOE que levan a esa decisión, mais esiximos o cumprimento do acordo de goberno e o respecto a toda a xente que votou cambio en Forcarei.

Por outra banda, durante este mes levaremos a cabo xuntanzas co diverso tecido asociativo, empresarial e veciñal do concello co fin de recabar necesidades de cara ao orzamento 2025.

Queremos facer un orzamento participativo, no cal toda a veciñanza teña participación e para elo faremos xuntanzas parroquia a parroquia do concello.

Queremos un orzamento participativos, somos conscientes da necesidade de consenso entre todas as forzas políticas, polo que loitaremos para que Forcarei teña un orzamento e con elo as empresas que traballen para o concello cobren nun tempo mínimo e se poidan levar a cabo obras e subvencións sen atrancos.

Invitamos a Verónica Pichel a saír do seu “non” aos orzamentos e a traballar para conseguir entre todos unhas contas que faciliten a vida da veciñanza.

Roberto Jorge Correa

Concelleiro do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego