Concello de Cangas

Logo concello de Cangas

A oposición municipal impide un convenio coa Deputación que beneficiaría á veciñanza de Cangas e as súas parroquias

PP e Alterna*va dos Veciños cómplices

Cangas, 20 de Xaneiro de 2025

Os votos do Par*do Popular e de Alterna*va dos Veciños uníronse para impedir que o Concello de Cangas dispoña dun censo que permita actualizar os rueiros, controlar as actuacións urbanís*cas e dispoñer dunha base de datos de vivendas unificada a nivel estatal.

A oposición municipal non permi*u aprobar a sinatura do Convenio coa Deputación provincial que permi*ría por en marcha un novo sistema de xes*ón da información sobre o territorio, baseado na dixitalización do censo de vivendas. O obxec*vo deste convenio é a transformación dixital e a modernización do Padrón municipal. Ademais este censo permi*ría dar de alta no padrón do Imposto de Bens Inmóbeis (IBI) aquelas edificacións que non contribúen, como fai o resto da veciñanza. Mesmo detectar as posíbeis fraudes no saneamento e abastecemento de augas, facendo posíbel planificar actuacións para mellorar o servizo. O Concello de Cangas delegaría na Deputación para contratar o servizo, logrando dispoñer dun Censo dixital sen gastar un euro.

Valoración do goberno municipal O interese xeral da veciñanza de Cangas, Aldán, O Hío, Darbo e Coiro, está por riba do encaprichamento par*dista, personalista e rancoroso, de quen é incapaz de asumir un papel de oposición constru*va e facilitar accións de goberno que redunden en beneficio da colec*vidade canguesa e das súas parroquias.

Cangas sufre hoxe un acto de irresponsabilidade polí*ca que cas*ga ao pobo. Os votos en contra do PP e Alterna*va dos Veciños para impedir que o goberno municipal adopte medidas de avance para adminstración local, de melloras que repercuten na veciñanza e que axudan a sanear economicamente ao Concello de Cangas, non teñen xus*ficación algunha.