O pasado 16 de febreiro cumpríanse 25 anos da morte de Suso Vaamonde, e na súa aldea de Regodobargo, no Concello de Ponte Caldelas, foi homenaxeado cunha ofrenda floral nas augas do río Oitavén que acolle para toda a eternidade as cinzas dun cantautor inmortal e un ser humano dunha dignidade e integridade irrepetibles. Suso Vaamonde, que foi o primeiro preso político desta democracia “plena” xa non está, pero Suso Vaamonde é eterno.


