Alejandro Lorenzo, Alcalde do Porriño
O 25 de xullo, Día de Galicia, é unha xornada para recoñecer a todos ese homes e mulleres que, coa súa entrega e ilusión, construíron unha historia común marcada pola superación. Un día para honrar o esforzo e o sacrificio do pasado, valorar o presente comparEdo e mirar cara a un futuro cheo de esperanza.
Ese pasado que nos define como un pobo traballador e xeneroso, que levantou familias enteiras co seu suor que deixou pegada nas pedras rosadas que nos idenEfican. Xente que celebra a vida, que fixo da cultura un sinal de idenEdade, que ensinou, coidou e guiou xeracións. Homes e mulleres que, co seu exemplo, fixeron posible o Porriño de hoxe. A Galicia que levamos dentro.
Pola forza da nosa industria, polo talento da nosa mocidade, polos logros dos nosos deporEstas e pola vitalidade da xente maior e polos heroes e as heroínas da vida, o presente énchenos de orgullo. Un presente cheo de oportunidades e de espazos pensados para vivir con calma e ledicia.
Somos un pobo feito para comparElo: para sentarse na praza, ao lado de Don Antonio, facer unha foto, falar das cousas pequenas ou ver como os máis pequenos xogan ao seu arredor. Un lugar vivo, que acolle, que dialoga entre tradición e modernidade.
Aquí conviven a innovación e a industria co espírito do Camiño de SanEago, que nos conecta con outras culturas e nos recorda que sempre fomos terra de encontro.
Mais o que máis nos ilusiona é todo o que está por construír. Un futuro no que todas as xeracións sumen, no que se recoñeza o valor do pasado e se manteña a esperanza viva de que o mellor aínda está por chegar.
Porque somos capaces de transformar a nosa pedra en pontes. Pontes que acheguen novas persoas,
familias que escollan o Porriño como o seu fogar e que se sintan parte desta comunidade. Orgullosos de ser porriñeses. Orgullosos de ser galegos.
O Porriño é, sen dúbida, un reflexo fiel desta Galicia decidida, firme e orgullosa das súas raíces.
Feliz Día de Galicia a todas e todos!
