O Concello de Nigrán estrea un posto de actualización de certificados dixitais

O Concello de Nigrán estrea un posto de actualización de certificados dixitais

Similar a un caxeiro automático, atópase no propio consistorio e permite actualizar as claves de acceso do DNI ou renovalas

Nigrán, 24 de xullo de 2025

O Concello de Nigrán estrea esta semana un Posto de Actualización de Documentación (PAD) na planta baixa do consistorio froito dun convenio asinado coa Dirección Xeral da Policía. Trátase dun terminal, similar a un caixeiro automático que permite aos cidadáns xestionar e actualizar os certificados dixitais do seu Documento Nacional de Identidade (DNI). Así, o propio interesado, de xeito gratuíto, pode acudir a el para renovar os certificados electrónicos (actualmente teñen unha validez de 24 meses ou ata a data de vencemento do DNI cando sexa anterior), así como para cambiar as claves de acceso.

“Trátase dun paso máis para facilitar o día a día das persoas, que xa non se teñen que desprazar á comisaría de Vigo a realizar estes trámites tan sinxelos”, explica o alcalde, Juan González, quen encadra nesta mesma iniciativa as novas ubidades móbiles de expedición de pasaporte e DNI que funcionan desde hai dous meses e que achegan a devandita documentación ao momento. “Estamos moi agradecidos á dirección da Policía Nacional por estas melloras”, sinalou o alcalde durante a presentación do PAD xunto ao comisario xefe da Policía Nacional en Vigo-Redondela, Ramiro José Gómez García, o xefe da Policía Local de Nigrán, Teodoro de la Peña, e o edil de Seguridade, Rubén Rial.

A cerca de admin 95 Articles
Xornal galego de información xeral Publicación mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.