Entroido de verán: unha idea brillante que ten que ser reconducida

  • Gran número dos contenedores instalados nin sequera chegaban a metade da súa capacidade cando, ao seu arredor, o chan estaba cheo de toneladas de lixo”
  • Esa festa ten que ser compatible cun comportamento moito máis civilizado por parte dos asistentes

26 de agosto de 2025.

O entroido de verán foi unha marabillosa iniciativa desenvolvida hai máis de xx años por un grupo de xente de Redondela. A primeira edición so congregou a unhas poucas ducias de disfraces na praza da Constitución, pero foi unha idea tan boa que pouco a pouco foi sumando participantes ata chegar á actualidade: un evento totalmente desproporcionado, que en boa parte conserva o espírito inicial de festa alegre e desenfada pero que claramente ten un lado escuro que a Alcaldesa semella non querer ver.

Ao contrario, dende hai anos é o Concello quen organiza o Entroido de verán e a programación fomenta que a festa se desenvolva ata altas horas da madrugada e se traduza nun macro-botellón descontrolado. Ademais, Rivas celebra que asistan ao Entroido decenas de miles de persoas. Miden o éxito dun evento pola cantidade de xente que asiste sen reparar no reverso da moeda: a determinadas horas do entroido, Redondela vólvese un territorio comanche onde todo vale.

Repensar o Entroido

AER volve facer un chamamento a todas as forzas políticas para que, entre todos, se lle dea unha volta a esta Festa. Dende AER defendemos que hai que manter o Entroido de verán en Redondela, unha idea realmente enxeñosa onde se trasladan as esencias do entroido tradicional a unha época cun clima máis favorable para o desfrute da festa e dos disfraces.

Pero esa festa ten que ser compatible cun comportamento moito máis civilizado por parte dos asistentes, que non xeren os gastos de limpeza, de reposición de mobiliario urbano, etc. e, se cadra máis importante, que sexa compatible cos centos de persoas da nosa vila que queren descansar, que mesmo senten que son expulsados ese días das súas rúas e das súas prazas. Todo por mor do exceso en que se ten transformado o Entroido de verán.

Ti mancha, que xa limpamos nós”

“É moi frustrante ver no que ten derivado o Entroido que poderíamos resumir en “ti emporca, que xa limpamos nós”. Eu levo catro anos lidiando con esta festa e o que dixen no ano 2022 o volvo afirmar: as infraestruturas e o medio ambiente de Redondela non se pode permitir eventos coma este”, comenta Roberto Villar, concelleiro de Vías e Obras do Concello de Redondela.

“Poño un pequeno exemplo, hai quen di que hai poñer máis contedores para que os participantes teñan onde botar o lixo do botellón. Pois ben, este ano houbo 130 contedores de lixo que foron revisados ás 4:30h da madrugada do domingo e a inmensa maiorías estaban sen encher e, destes, un gran número nin sequera chegaban a metade da súa capacidade. Cando ao seu arredor e por todo o chan estaba cheo de toneladas de lixo.

Este evento non se pode regular con máis de todo

A evolución do Entroido de Verán semella unha fuxida cara adiante. Cada vez asiste máis xente e os organizadores cada ano gastan máis: en grupos musicais que atraian máis público, en máis protección do entorno (valados e rafias para o peche de rúas parques, igrexas, etc.), en máis policía, máis protección civil, máis médicos, máis persoal e maquinaria de limpeza, máis baldeos, máis barreiras no río, máis contedores do lixo, máis aseos e unha longa lista de máis e máis medidas.

Dende AER defendemos queRedondela non pode seguir mantendo un evento que custa máis de 100.000€ de cartos públicos, no que as rúas son convertidas nunha macro discoteca ao aire libre chea de ducias de barras con DJs que serven bebidas alcohólicas durante máis de 12 horas e miles de persoas con bolsas de botellón mercadas nos supermercados que acaban esparexidas por todo o casco urbano.

Coidamos que tanto a parte política como a propia veciñanza ten que facer unha reflexión seria para sermos quen manter esta festa marabillosa pro que ten que ser racionalizada.