Reboreda en jazz

A Asociación de Veciños de Reboreda, organiza este ano unha nova edición de Reboreda en Jazz, no lugar do Carballo das Cen Pólas, o sábado 6 de Septembro as partir das 12.00 horas.

Este ano fai un cambio de follas e decide facelo en xornada de día, donde contará con actuacións musicais referentes do Jazz local e de proximidade. Actividade medio ambiental adicada a coñecemento sobre a natureza do entorno, a cargo de unha empresa especializada. O festival comezará sobre as doce do mediodía cunha actuación musical e coa preparación de paella ( mixta e vegana) donde compartir cos asistentes nunha comida campestre, a prezo reducido.

Comenzamos con grupos locales na sesión vermut , Actuación libre, e de seguido Only&Cash.

Pola tarde temos unha banda de Swing que ven dende Vigo, Navia Swing Band.

E rematamos co grupo vigués, donde sua principal interpretación vai dirixida ó blues, Red Duck Blues.

Teremos durante as xornada servizo de Cantina.

Neste evento colabora o Concello de Redondela, Deputación de Pontevedra e distintas asociacións da parroquia.

Queremos coa celebración deste festival reinvindicar tamén,  un ano máis que a Xunta de Galicia ten que facer algunha inversión para dotar o espazo de medios para cubrir calquer necesidade principal, sendo este un espazo adecuado para celebrar todo tipo de certámenes o aire libre, para disfrute dos veciños e visitantes.