O PP de Redondela solicita a inclusión da recuperación do pantalán de Cesantes no anunciado proxecto de senda e mellora do litoral entre o porto e a praia da Punta

Javier Bas candidato do PP á alcaldía de Redondela

Os populares, que onte visitaron a zona xunto a representantes de distintos colectivos desta parroquia, cren que a actuación prevista “éunhagranoportunidade” para acometer unha obra integral e atender a demanda de mariscadoras, pescadores, veciños e colectivos

A formación liderada por Javier Bas lembra que dita instalación desapareceu hai máis dunha década tras un temporal e destaca que sería un “complementoperfecto” para o paseo marítimo

Redondela, 10 de outubro de 2025

O grupo municipal do PP de Redondela vén de solicitar a inclusión a recuperación e reconstrución do pantalán de Cesantes ao abeiro do anunciado proxecto de creación dunha senda e mellora do litoral e da fachada marítima entre o porto desta parroquia e a praia da Punta.

Os populares visitaron onte a zona xunto a representantes de distintos colectivos de Cesantes, como a Confraría de Pescadores San Xoán, a comisión de festas do Carme, representantes do cerco, do Obradoiro Fernando Monroy e do Club Náutico, así como de diversos veciños e coñeceron de primeira man o estado da contorna, ao tempo que recolleron a histórica reivindicación para a súa reconstrución, xa que cómpre lembrar que desapareceu hai máis dunha década tras un temporal.

O PP redondelán, tras escoitar aos veciños de Cesantes, anunciaron hoxe que defenderán nos distintos ámbitos a recuperación deste espazo, incluso levando esta proposta ao pleno da corporación, e sinalaron que, en primeira instancia, consideran que o proxecto en marcha da senda litoral -anunciado polo goberno local o pasado mes de xaneiro- “éunhagranoportunidade” para que se acometa unha actuación integral que inclúa o citado pantalán e se atenda deste xeito as demandas de pescadores, usuarios e colectivos.

O voceiro municipal, Javier Bas, explicou que o proxecto do paseo marítimo “supón a ocasión perfecta, polo financiamento e pola coincidencia temporal” pararecuperarestepantalán,xaquedestexeito“quedaríaintegradodeforma natural no novo deseño da fronte costeira”. Ademais, engadíu que tería un perfecto encaixe técnico e económico e permitiría mellorar os usos deportivos, pesqueiros e recreativos de Cesantes, ao tempo que axudaría á dinamización desta parroquia.

Cremosqueseríaocomplementoperfectoparaopaseoesuporíaunhamellora clave para o conxunto de Cesantes que se podería acadar con vontade de colaboración entre administracións co apoio dos veciños e por iso o Partido Popularvaiestarsumandoparaqueestaobrasefagarealidade”, detallou o edil

Cómpre lembrar que este antigo pantalán da Punta construíuse orixinariamente en madeira durante as obras de rehabilitación da Illa de San Simón e, durante anos, o seu uso foi compartido por mariñeiros, veciños e visitantes, que o empregaban para acceder ás súas embarcacións, pescar ou simplemente disfrutar da paisaxe da enseada. A súa desaparición hai case unha década supuxo a perda dun espazo fundamental para a actividade pesqueira, social e festiva de Cesantes, afectando especialmente á celebración da procesión do Carme, que na actualidade require de estruturas provisionais para o desembarco.