Aarón Franco
Nunha contenda interna de dúas cabezas severamente corroídas pola corrupción e o pragmatismo brutal, Feijóo exhibe desde hai días síntomas claros de decadencia, as fisuras no PP que antes estaban soterradas mesmo agora se presentan como feridas abertas. O episodio máis simbólico foi a súa protesta pública para garantir o aborto “conforme á lei”, en contraste directo coa negativa de Ayuso a crear o rexistro de médicos obxectores, unha medida que define non só un pulso interno senón unha batalla de poderes.
Ayuso, unha carcasa de metáforas agresivas e populismo desbocado, non quere só derrotar a Feijóo, quere comelo vivo, darlle caza, desgarralo en público e comer o seu cadáver crú como xa fixera con Casado. Lembre querido lector, que Casado denunciou, acusou corrupción, falou da sombra de Ayuso. Ela activou o mecanismo letal: acusacións, filtracións, presión interna, apoio do aparato mediático, aliados na bancada e no territorio. En días, Casado quedou sen nada, apenas nos ósos que nin para o caldo servían.
Según di o Diario Público, Feijóo e Ayuso teñen unha relación de “altibaixos” que agora se converteu nunha crise irreversible. Antes existía un pacto tácito de non agresión entre ambos, un acordo para non atacarse mutuamente a cambio de vantaxes recíprocas. Pero esas regras non aguantan fronte a quen ve en Feijóo a un rival morto en potencia coas expectativas electorais esmorecentes. Ayuso cheira o sangue, co que se ela lle gusta. 7291.
Porque si, esas expectativas esmorecen. O PP estancouse electoralmente como veñen a coincidir todas as enquisas, o que sitúa a Feijóo nunha posición débil, vulnerábel á presión das bases e dos aparatos territoriais que non lle obedecen.
O que veremos agora é o “paseo da vitoria”, na sabana madrileña, a cámara seguera á depredadora Ayuso, a felina alfa avanzará desde a Porta do Sol, cheirando o medo. Feijóo, macho ferido, tentará agocharse en Génova 13. Mais a caza será exitosa, a felina Ayuso reclamará o territorio e a manda someterase.
IDA virá con fame, virá con dentes longos, virá a comer o cadáver cru, como a ela lle gusta.
Feijóo será recordado como o moderado que nunca foi, como o home sen carisma que pensaba que en Madrid non se lle ían ver as vergoñas que aquí lle tapaba a TVG.
E mentres nós, desde Galiza, teremos que aturar á nova versión de Isabel a Católica.
Á muller que eliminou a 7291.
