COUSAS DE SALVATERRA. Tabulela, versus Taboexa, As Neves

Antón Lourenzo, veciño da Vila
Antón Lourenzo, veciño da Vila

O pobo galego temos fama de emigrantes, de estar en todos os lados, mesmo na lúa. O certo é que máis aló de estarmos fornecendo os exércitos reais por Europa adiante e por América, dende ben cedo na historia moderna a necesidade económica, miseria e fame, tamén fuxindo das guerras, (sería interesante ver qué porcentaxe de galegos militaban no exército español nas guerras con Marrocos do primeiro cuarto do século XX, ou antes nas de Frandes ou na península itálica).

Existe un libro interesantísimo da emigración galega na República Arxentina, escrito por Alberto Rodríguez, “Los Gallegos en la Argentina”, son dous tomos repletos de información de xentes, galegos, que deixaron algunha pegada na historia. Dos outros, dos que non acadaron ningunha notoriedade foron lexión, dahí a “quinta provincia galega”, Bos Aires.

Coma todos sabemos non só foi a Arxentina, foron tamén Uruguai, Brasil, Cuba, México, Venezuela, e un senfín de repúblicas centroamericanas e, cómo non Portugal. Na literatura de investigación podemos ver os milleiros de galegos construindo, por exemplo, o canal de Panamá ou a ponte de Brooklyn en Nova York, ou en situación de semi escravitude nos inxenios cubanos. Hainos que emigraron moito máis lonxe, Australia, en menor medida.

Cando o fluxo de emigrantes face as Américas cesou ou afrouxou, os galegos miraron o norte, a Europa. Rematada a segunda guerra mundial, había que reconstruir e fornecer as fábricas, así enchéronse de galegos Alemaña, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Franza, tamén Suiza (lembro unha anécdota dos anos noventa en Zurich, cando segundo me aproximaba a unha parella, ted morena, pouca estatura, ían falando galego) ou aqueloutra (viaxando nun tranvía, as que aparentaban nai e filla, ían falando galego, pero o dirixirse a neta falábanlle castelán), podería contar moitas máis, pero iso fica para outro momento.

Na América, inda que non o falaran, tiñan próximo o asunto idiomático. Quen máis quen menos chapurreaba algo o castelán ou ben entendíao, xa se encargaban diso os fidalgos, os curas, os funcionarios de calquera administración, os mestres, etc.,era cousa de inmersión lingüística aprender rápidamente dita lingoa. Moitos aproveitaron e aprenderon a ler e a escribir nas escolas nocturnas. Foi o xeito de superar a desvantaxe que supuña enfrontarse na sociedade, sobre todo no mundo laboral, a outros emigrantes doutras latitudes con mellor formación e/ou educación.

Galegos emigraron dentro da península, e moito, primeiro foron como non, recrutados para os exércitos realis (que lle pregunten o Conde de Lemos), ou para repoboación de territorios no Sul, onde aínda conservan apelidos inequívocamente galegos. Co paso do tempo non podemos esquecer aqueles galegos que ciclicamente ían a Castela “a tomar o sol” nas seituras, a maioría volvían á Galiza o remate, outros ficaban por alá.

Co paso do tempo seguiron emigrando na procura de medios de vida, de mellor vida. Os lugares de destiñn eran o País Vasco, Cataluña e Madrid, sobre todo. Un destes emigrantes internos chámase Gonzalo Gil González, da familia dos “Furelas”, da parroquia de Salvaterra, concello de Salvaterra de Miño, actual Eurocidade Monção-Salvaterra.

Alí en Madrid, apoiado na familia e traballando, continuou a súa formación académica, (tralo paso pola Academia S. Lorenzo de Salvaterra). Acadou formación universitaria, estudou na Universidade Complutense de Madrid licenciándose en Literatura Hispánica, máis tarde acadou o Doutorado en Biblilgrafía da Literatura Hispánica. Foi docente na Universidade Carlos III e agora xa xubilado é escritor. Volta ciclicamente a Galiza onde conserva casa.

Entre as suas obras podemos desfrutar da novela Faladoiro (Letraeme, 2018) e o ensaio –baseado na súa tese doutoral- A la luz de los prodixios: almas, demos y seres evanescentes, mitos y mundos en el Siglo de Oro (Miraguano, 2011), ampliado no artigo” La caza de brujas en Aragón: epidemia de posesiones diabólicas en el valle de Tena (National Geographic Historia).”

Asemade, é autor do inventario descritivo “Catálogo de pliegos sueltos de temática prodigiosa” (G. Gil, 2001), do estudo “Pliegos sueltos y género de prodigios en el siglo XVII” (G.Gil, 2001) e da biografía de Alonso de Contreras, “Discurso de mi vida (aventura corsaria de un honorable capitán)” (C. de Langre, 2006).

Inda que a sua obra está escrita integramente en castelán, dirixida o mundo onde se move e vive, Gonzalo é un home fondamente galego, que fala e escribe en galego, galego ademais lusista, coma el gosta decir “eu son raiano minhoto”. O seu último traballo “Bajo la protección de Navia”, da fe do que acabo de dicir, non hai máis que ver o plano da Gallaecia en tempos de Constantino, Emperador romano, centrado en Taboexa, Batalláns, Setados, o monte San Nomedio, as alusións as illas de Ons, á barbantesa, os Bardos, o outro tempo mui común en Salvatrerra (Brea riba ou Brea baixo), os carballos, o centolo, Caldas de Reis, á coroza, á península do Morrazo, ó Fisterra, á lareira, Aldán, á raíña Lupa, á meda, o río Miño, o Uma, á Navia (deidade luso-galaica), o requeixo das Neves, ás illas Cíes, á trévede, o trisquel, á regueifa, á xiada, etc.

Esperamos que pronto se decida a agasallarnos coa versión galega deste magnífico traballo, que de seguro haberá de ter éxito.

A cerca de admin 97 Articles
Xornal galego de información xeral Publicación mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.