Retrato da envexa política hoxe

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez, fillo de Fornelos da Ribeira.

Hai cousas que existen, pero non as vemos. A envexa é unha delas. Pregunto: ¿Que é a envexa? Pois unha virtude, un vicio, unha enfermidade, ou quizais, un camiño, sen selo.

 Visto como vai o mundo actualmente, se presta a moitas envexas. E ¿Cantas cousas se fan pola envexa?

 A envexa, segundo a miña humilde opinión (hai opinión para todos), é falta de personalidade, e temos que pasar de facer o que fan os demais, tendo en conta que non sempre o que mais tira é i mellor situado economicamente. Basta observar os amantes das compras a prazos. Hai que ver tamén, como os veciños como están esperando terminar cos prazos para meterse noutro novo, por exemplo. Pero non hai que mesturar a envexa cos celos que teñen parentesco. Este último, soe ser mais grave.

 Xa dende nenos, empezamos cos celos e hai que educalos. E os maiores, que teñen problemas, facelos entender, ser aptos para a vida, evitando as envexas e os celos.

 Nas aldeas hoxe, son mais acusadas as envexas – incluso – entre veciños, sen esquecer a envexa política que é un fenómeno antigo coma a mesma política recoñece, senón, coma a defensa dos principios, preocupación polo ben común, ou crítica responsable.

 Hoxe, me pregunto: ¿Que é a envexa política? Pois una reacción emocional é estratéxica, que xorde, cando unha persoa ou grupo percibe que outro gaña poder e prestixio, ou apoio social, é ocupa un espazo simbólico, que antes non tiña.

 A envexa política actualizada, adoita expresarse de formas diferentes: Deslexitimar moral (non merece estar aí), e perigoso, etc… etc. A hipervixilancia sobre cal quer erro do rival amplificando os cambios de criterio (O que antes era aceptable agora é intolerable). E, por último, a ironía desprezo, como armas eficaces para erosionar ser ou parecer agresivo.

A envexa e tan poderosa que non é só xestión e recoñecemento simbólico. A envexa aparece cando alguén recibe mais atención mediática. Conecta mellor co malestar social, e representa unha renovación que deixa absolutos aos de sempre. Neste sentido, a envexa política é un síntoma de inseguridade de identidade: Medo a perder relevancia.

 Agora ben, existe diferencia entre crítica e envexa. Non toda crítica é envexa, porque a diferencia clave está no obxectivo: A crítica política busca mellorar ou corrixir, e a envexa política busca impedir que outro medre, mesmo se iso prexudica ao conxunto.

 Cando a oposición prefire o fracaso colectivo antes ca o éxito do rival, a envexa está gobernando. As consecuencias son: Empobrecemento do debate público, que favorece a polarización emocional, substituíndo proxectos por ataques persoais é xerando cinismo cidadán.

 A envexa política dende a perspectiva filosófica, axuda a entendela pola persistente e eficaz maneira de entendela.

 A envexa, como paixón política, e unha paixón triste. E, en política aquí está a clave: Valor no interior é relacionala depende do recoñecemento ou do lugar no espazo público, cando outro ascende é alguén descende.

 Nietzsche dixo que a envexa e o resentimento moral, que vai mais lonxe. Para el, grande parte da política de hoxe está, atravesada polo resentimento: Incapacidade de crear, incapacidade de afirmar, e polo tanto, necesidade de negar a o outro. Así, a envexa se converte en moralizadora.

Non se combate o rival polo que fai, senón, polo que é e representa.

 Di Hannah Arendt: A envexa e destrución do espazo común, necesita un espazo compartido, onde os actores recoñezan aos adversarios, non como inimigos. Pero, a envexa non acepta a pluralidade nin tolera que outro brille cando a envexa domina, xa non importa gobernar mellor, senón, impedir que o outro exista politicamente.

 Por último, a envexa política, dentro dos propios partidos é mais intensa porque se divide en un inimigo externo, coa mesma ideoloxía, co mesmo electorado, teoría e obxectivos. E adoita, disfraces radicalmente ideolóxicos con moderación e cara coas dúas moedas.

 Asi vemos moitos proxectos políticos non fracasan por falta de apoio social, senón polo boicot interno.

¡Canta falta de xenerosidade fai falta, para que gobernen os mellores!

 Aquí non se distinguen ideas, senón, lexitimidade simbolicamente, porque a envexa interna adoita disfraces radicalmente ideolóxicos. Queren ir de moderadores coas dúas caras da mesma moeda: Impedir que o outro capitalice o recoñecemento, paralizando a organización, castigando o talento, e recompensando a obediencia política. Asi se ven moitos proxectos políticos do actual goberno español, que non fracasan por falta de apoio social, senón polo boicot.

 Na Galiza, a envexa actúa por inacción calculada. Esquerdas e dereitas, é un problema transversal. Aquí a envexa política non é ideolóxica, senón cultural. O nacionalismo aparece como un debate eterno, no que a esquerda é a guerra de siglas. Na dereita, é o control férreo para que nada se mova.

 En ambos casos, e o mesmo medo: ¿Quen reordena o taboleiro?

 Galiza, admira o talento a posteriori, cando este marchou, cando perdeu a forza, e cando xa non ameaza a ninguén. So molesta.

 Da pena contemplar a envexa política galega que xa non berra, só suspira e agarda e se resiste a esperar… pero quen perde: Sempre Galiza.