Iniciativa do BNG para duplicar a colaboración económica coa Confraría

Xoán Carlos González, “Demandamos chegar aos 20.000€ para garantir o futuro do colectivo de mariscadoras”

No marco da aprobación das subvencións nominativas coas que o concello colabora con diversas entidades redondelás, a organización nacionalista plantexou duplicar a colaboración económica coa Confraría. Específicamente unha aportación para garantir o futuro do colectivo de traballadoras do mar, as mariscadoras. Un sector fortemente castigado pola alta mortandade de marisco producido polas intensas chuvias deste inverno, e o desinterese da Xunta de Galiza.

Para o voceiro do BNG, Xoán Carlos González Campo esta proposta tradúcese en duplicar as axudas do concello de Redondela. “Queremos que se chegue aos 20.000 euros, como colaboración municipal cun colectivo de setenta traballadoras do mar”. Considera que se trata dun sector “referente” na economía local que non se pode deixar morrer por inacción das administracións.

González tomou a inicativa asinando un voto particular ao Pleno que finalmente PP, PSOE e AER votaron en contra. “Trátabase de garantir unha maior colaboración co colectivo de mariscadoras, tanto para adquirir semente de ameixa e croque, como de variantes autóctonas”. Tamén considera que se debe compensar outros traballos como limpeza e vixianza dos areais sementados.

Califica Xoán Carlos González de “complicada” a situación do sector. “As intensas chuvias do inverno aportaron unha grande cantidade de auga doce que mata o marisco”, sinala. Demanda a elaboración dun Plan de apertura de comportas da Presa de Eiras “tal como abalan diversos estudios, para minizar o su impacto”.

Hai unha década arredor de 200 mulleres adicábanse ao marisqueo como socias Confraría de Cesantes. Critica a falla de implicación das institucións que abandonaron o sector con políticas de fomento de melloras de condicións laborais, ou o relevo xeracional leva á situación actual das mariscadoras. Recorda Xoán Carlos González Campo como “iniciativas agresivas”, que a Xunta non renove o Peirao de Cesantes, ou mesmo que o goberno municipal dea por bo o peche dun acceso ao mar en Soutelo, Cedeira. “A alcaldesa Digna Rivas nega estas axudas ás mariscadoras, simbólicamente víspera do Día da Muller Traballadora”.

Primer comentario

Deixa a túa opinión