Francisco Alvarez Koki

Dende que no ano 1963, a Real Academia Galega Instituíra no 17 de Maio o día das Letras Galegas e a súa celebración na nosa terra de Galiza. As cousas non teñen mudado moito. Persoalmente, dende a terra ou dende lonxe, doeime moito falar da terra e da lingua. Sempre volvo a Celso Emilio Ferreiro, pola súa definición certa e clara da sociedade galega.- Temos unha historia contada noutra lingua. Dende o franquismo e despois da transición, fomos gobernados por aqueles que se opuxeron á autonomía de Galiza, salvo algún parénteses político, sempre mandaron eles. Os que idearon estratexias para que a nosa lingua non se fale. Os que normativizaron unha lingua demasiado castelánista. Os do poder que trouxeron contra a memoria del mesmo a Castelao. Os que seguen mandando agora, e ben podíamos repetir hoxe aquilo de ” Mexan por riba de nós… Dende aquela data feita oficialmente, pero por presión popular Galiza non deixou de perder falantes, como si a lingua dos meus avós e avoas, fose unha obscenidade. O complexo da lingua sigue matando as ideas, porque o labrego e o campesiño quere ser como o pailán señorito. Cada ano nas lecturas das celebracións do día das letras galegas teño que ollar e escoitar os hipócritas que din con moita humildade. Yo no se gallego, pero para hoy quise escribir este poema en gallego. A tribo aplaude como si celebrase unha nova vida. Aló polo 1860, época en que Rosalía, Curros Enrriquez e outros escritores deciden converter en lingua de arte, esta lingua vil, incivil, e pobre. case oculta durante catro séculos e medio. Onte como hoxe, escribir en galego e andar as apalpadas. Temos unha sociedade que non vive como galegos, que non fala como galegos que non reza en galego e que canta por non chorar. As estratexias políticas radicales pouco a pouco van destruíndo a nosa identidade. Tivemos en Galiza políticos a moreas, todos traidores na capital. Até o día de hoxe, seguen gobernando a nosa terra Galiza, dende Madrí. A nosa lingua mal aparece en moitos concellos e en moitas formas na Xunta, por non dicir Yunta. Emigramos e dixéronnos que non emigraron os galegos pola fame, senón porque eramos moi aventureiros. Cada galego debería de ter a carón dá súa almofada como a súa propia biblia, o libro de Castelao. Sempre en Galiza, que até iso, o nome Galiza, nos sacaron en Madrí, e nos dixeron, non, mellor castelán, Galicia. Como poeta eu nunca poderei dicir para ti, senón, como dixo Celso Emilio Ferreiro.- Pra ti e pra min. Tampouco primavera como en castelán, senón primaveira, como falaban os meus antergos. Fixeron que os nosos rapaces odiasen o galego, porque non darán outras opcións máis que o odio. Aló polos 60 a maioría dos universitarios non falaban en galego, pero coa nova troba galega, cos cantautores galegos, cantaban en galego, cancións que non eran folcloristas. O resurximento da nosa concencia cos cantautores poetas, pintores e escultores cambiaban un mundo. até que un día o poder de Madrí infiltrounos un cantautor que non era nacionalista nin pretensións tiña de selo. E o populacho fíxoo famoso. Todos cantaban. Falade Galego ou Miňa nai dos dous mares. Eu sempre me pregunto e non atopo resposta. Porque en Cataluña mandan os cataláns e no País Vasco, mandan os vascos? E en Galiza mándannos dende Madrí. Será certo aquilo que dixo un ministro franquista Manuel Fraga Iribarne.- Galicia is different. Porque a Real Academia Galega ou o Consello da cultura galega e outras mais institucións non se enfronta ao poder e lles esixen respecto a Galiza?. Miraríaos a todos sempre son os mesmos e vanse cambiando de cadeiras. Terá algo de verdade aquilo de.- Si quieres ver un galleguito, dale un mandito. Como cidadán galego, deume moita pena, ollar en Nova Iork a presidenta do Consello da Cultura Galega co ex-presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijo. Moita pena. Galiza iba por bo camiño, pero no ano 36 enmudeceu para moitos anos. Inda hoxe non foron capaces de facer unha historia da literatura na diáspora, ou unha colección de autores que dende fora escribimos en galego. Houbo un intento proxecto, pero unha mala man de vendido e desleigado truncou a idea. Algunhas veces pregunteille na emigración os paisanos. Cantos cataláns emigran?, cantos vascos?. Eles non din nada, eu tampouco.
Un día , traballando nun restaurante en que o chef era galego, xusto cando falamos de España e de Galiza, cando lle falei da morte e exilio dos nosos intelectuais no país, contestoume: “E pra que os queriamos”. Esta é a Galiza de onte, tamén a de hoxe, e non sei, si a de mañá.
Rosalía de Castro, díxonos nuns versos : Este é o cantar que cantamos, mais que facer, outro mellor non hai.

REALIDADE GALEGA

As políticas da Xunta son de gabacho.
Maletas os licenciados,
e os do rural un sacho.

A emigración, non falemos.
Chaman por nós que veñamos,
para que logo marchemos.

Acabaron coa sanidade,
mentres menten con toda a cara,
mais o pobo sabe a verdade.

Vendidas a cal e canto,
as autoestradas galegas,
do noso peto un pranto.

Viaxes gratis no autobús,
unha cancela no camiño
E logo sóbennos a luz.

A prensa diaria comprada,
tamén a cultura galega,
nunha néboa sulagada.

Todo en Galiza está comprado.
¿Que pasa cos galegos,
que miran para outro lado?