Xosé “Muxicas”
Algo que a maioría da xente descoñece, con respecto á música galega de raíz, é que moitos magníficos músicos están a crear acotío novas obras para os nosos instrumentos tradicionais: gaitas, zanfonas, requintas, pínfanos … , baseándose no transmitido e aprendido dos músicos tradicionais que nos precederon.
É intención deste espazo periodístico dar luz a algúns destes grandes creadores que están entre nós a facer un fermosísimo traballo e, ó tempo, a engrandecer e enriquecer o noso patrimonio cultural, sen necesidade de copiar a outras culturas do que xa elas fixeron. Como é o caso do grandísimo gaiteiro, musti instrumentista e compositor, Xoan Carlos Rilo con esta xota, “NO CASTIÑEIRO” , que adicou a Xosé Manuel Río Calviño.
A cultura musical galega non é máis que ningunha outra cultura musical, pero tampouco é menos como para ter que copiarlles xeitos, fraseos, percusións ou mesmo evolucións de instrumentos que o único que fan é emporcar o legado que recibimos dos nosos devanceiros.
Porque nos sentimos orgullosos de poder compartir co resto do mundo a nosa cultura, por isto estamos a traballar.