Xosé “Muxicas”

Como estamos xa en tempos de Rondallas de Reis, o tema deste mes é unha marcha que fixen para a Rondalla de Zamáns.

É para dúas gaitas, pínfano, acordeón e percusións.

Porque en Galicia cando nos queremos poñer épicos non temos que botar man das melodías de Broadway. Simplemente nos facemos as nosas.

E se facemos unha marcha coma esta, e pica, pois a rañala. Que é moi noso.

Para todos vós “E PROE”, marcha para rondalla.