En maio do ano próximo teremos unha nova convocatoria electoral nos concellos galegos. O popular Javier Bas intentará, unha vez máis, acadar a maioría suficiente para poder ser alcalde de Redondela, igual que o foi entre o 2011 e o 2019.Nós falamos con el

Non.

Eu estou en disposición anímica de selo se o partido quere, e se os meus compañeiros e compañeiras do PP de Redondela me distinguen coa súa confianza.

Vexo unha situación análoga á do 2011, a primeira vez que me presentei e tiven a honra de ser elixido alcalde de Redondela:O noso pobo está en declive, mentres que os concellos veciños medran. Redondela necesita un cambio sen dúbida de ningún tipo, e ese cambio só pode vir da man do PP.

Imos por partes:

-Primeiro cómpre falar da súa debilidade aritmética. Os votos do PSOE+AER son 1.000 menos que os que ten o PP. E nós temos 10 actas, fronte ás 8 que ten o goberno

Eles non foron capaces de meter ao BNG no goberno, polo tanto quedan nunha situación tan precaria que lles supón unha enorme dificultade para atender as cuestións básicas para o concello. Esta arquitectura aritmética é unha das chaves que explica o mal que está a funcionar o mandato.

-Logo no que atinxe ao ámbito social dicir que á valoración da acción de goberno é moi mala. Así por exemplo tivemos problemas moi serios nun servizo esencial para a atención social, o SAF , e neste mandato en lugar de corrixir as deficiencias, o goberno volve cometer os mesmos erros. Este é un goberno que carece de sensibilidade cara aos colectivos máis vulnerables. Nós temos un modelo de goberno: amable, inclusivo e humano. Este é un goberno que carece de modelo. Limítase a xestionar o día a día como poden, e para iso mal.

-Na área económica, non é que o diga eu, é que o di Facenda. É a primeira vez na historia que o ministerio intervén os pagos do concello

Iso é o que din eles. Pero había facturas que eran anteriores a ese problema informático

Non. Eu recoñezo que si existiu. Pero a devandita incidencia informática non explica por si soa a dimensión nin a gravidade do problema económico. Fomos intervidos e fomos obrigados a realizar un plan de axuste salvaxe que incluía a suba abusiva da taxa do lixo. E todo iso foi debido á neglixente acción do goberno que padece Redondela.

Nada que ver.

Nós non protestamos porque haxa que axustar os prezos. Nós criticamos a forma na que se elaborou a ordenanza. Eles en lugar de cobrar por volume de lixo xerado fan un sistema que cobra por metro cadrado. Esta forma de cobrar é inxusta porque non ten relación algunha co lixo que se produce.

Si.

Si, só se dá en Redondela. Por outra parte quero dicir que Pontevedra non subiu a taxa de lixo e Redondela se quixera tamén podería non subila.

Así é, é unha flagrante inxustiza.

Non, tampouco. Nós fariamos outro sistema.

Non. Nós estivemos 8 anos no goberno e a taxa do lixo non a tocamos. Ao respecto diso quero dicir con claridade que se o pobo de Redondela nos dá a súa confianza maioritaria esta ordenanza do lixo se derroga.

É máis que evidente que as parroquias están abandonadas. De feito nós marcámoslles o paso no facebook. Cando algún veciño nos comunica algunha deficiencia nalgún lugar concreto, nós subímola e acto seguido o goberno actúa para corrixila.

Non, é total é absolutamente verdade. Póñoche un exemplo:Estes días o meu compañeiro Miguel Álvarez publica sobre o mal estado da praia de Arealonga e xa a están a limpar.

Podería ser unha especulación se fose unha, pero é que son ducias de veces nas que aconteceu desa maneira:publicación nosa, actuación deles.

Non hai un seguimento claro do que teñen entre mans.

A piscina: O contrato está en precario e as instalacións deterioradas. O noso modelo é moi diferente. É o modelo da área deportiva que fixemos en Santa Mariña e o modelo do entorno cultural que queremos facer nas casas dos mestres. Fixemos un pavillón, varias pistas de tenis, varias pistas de paddle , un campo de fútbol. E queremos facer un auditorio, unha infraestrutura imprescindible para Redondela, unha biblioteca, un conservatorio e salas de exposicións e para as asociacións culturais. O noso modelo de Redondela baséase na coherencia non nas improvisacións nin nas ocorrencias.

Non, non o fixemos nós

Nós adxudicamos e buscamos os cartos. Pero quen fai o control da obra é o goberno de Digna Rivas, e efectivamente o resultado foi un desastre.

Non, ningunha. Nós só fixemos o trámite administrativo. Eu o que quero que a xente entenda é que nós buscamos unha coherencia nas infraestruturas, non un totum revolutum.

O modus operandi que antes che comentei:Eu coñezo que leva moito tempo sen vir por Redondela. E ao pouco de denuncialo aparece de novo a furgoneta.

Leva un atraso moi importante de case 7 anos. Esta actuación non se executou de momento porque a alcaldesa entrou nunha dinámica de confrontación contra a Xunta. A administración autonómica puxo ao seu dispor os cartos para que fixera a obra e aínda estamos esperando.

A depuradora hai que sacala de onde está. Non é o sitio adecuado. Se o pobo de Redondela nos dá a confianza suficiente para formar goberno no 27, imos iniciar os trámites para levala a outro lugar. Non creo que en catro anos me dea tempo a quitala de onde está, pero imos iniciar as actuacións necesarias para facelo, con seguridade.

Non o sei. O inicio das actuacións necesarias inclúen a busca dun lugar adecuado.

Non está feita por desleixo do goberno .Había unha partida no orzamento da Xunta para facer esa escola. O único que tiñan que facer é presentar un proxecto, e no o fixeron por falta de dilixencia.

Iso é só nunha liña. Logo hai outras liñas nas que tamén se perderon cartos ata unha cantidade total de perda de 9 millóns de €

Nos 7 anos que leva o actual goberno perderon 9 millóns por escasa dilixencia. Non piden todos os fondos europeos aos que teriamos dereito, e o que acontece é que Redondela perde moitos cartos.

Pois non, claro que non. Eu fun a un sector de balonmán no que colabora a DEPO. Os clubs póñense en contacto coa DEPO, quen decide que á entrega de medallas asista o director de coordinación intermunicipal, eu, e a coordinadora de igualdade, Sandra Bastos. Os dous temos responsabilidades importantes na DEPO, e o presidente delegou en min para que eu entregara eses premios.

Estivemos toda a fin de semana gozando do torneo e poño en valor a organización que houbo. Onde está a utilización?

A crítica que nos fan realmente o que revela é inmadurez política.

O problema está en que o anterior goberno, o de Carmela Silva, non movera nin un só papel. Por outra parte o alcalde de Pazos tamén tivo un problema que atrasou a sinatura do convenio. É unha necesidade que esa obra se faga canto antes.

Penso que xa rematou a fase de licitación. Non creo que tarde moito.

Facelo por partes é unha decisión que tomou o goberno de Carmela Silva. Nós queremos axilizalo o máximo posible e se fixeramos un proxecto novo a actuación tardaría moito máis.

Non ten nada que ver en absoluto. Luis López é unha persoa escrupulosamente xusta e o trato que lles dá a todos os concellos da provincia é impecable, equitativo e xusto. Non só aos concellos, senón tamén aos colectivos sociais, deportivos, culturais e ás asociacións veciñais.

A idea nosa é que nos dea. É a única forma de que haxa estabilidade en Redondela. Estivemos no 11 e no 23 a moi poucos sufraxios de acadarmos a maioría absoluta. No 23 superamos o récord absoluto de votos nunhas municipais, case 7.000 votos. O respaldo da veciñanza nas rúas é esmagador, e para min que o vexo día así e día tamén é tremendamente emocionante. Nós iremos no 27 con toda a enerxía, a ilusión e as gañas de acadar a maioría absoluta.

No noso mandato Redondela foi o concello máis transparente de toda Galicia, e agora estamos nos postos baixos da clasificación. Imos a por todas a recuperar o liderado para Redondela non só en transparencia senón tamén en todos os parámetros posibles.