O club de Vespa desta localidade, que probablemente sexa o máis importante de Portugal , de feito eles teñen organizado algún congreso mundial de motos Vespa, estivo recentemente en Mondariz Balneario. A idea naceu do noso amigo Xabier Gómez, un viaxeiro impenitente que a lombos da súa moto vespa xa ten percorrido numerosos países de Europa e Asia. Xabier, coa colaboración do moto club de Guimarães organizaron unha viaxe e concentración de 60 vespas, portuguesas e galegas, para lembrar a antiga ruta do caramelo. Esta, responde a unha vella tradición portuguesa de viaxeiros dese país que acudían a distintas localidades galegas a mercar lambetadas. César Gil, o alcalde de Mondariz Balneario colaborou en todo o que puido para que o evento saíse ben, e nós conversamos co noso amigo Xabier, o Phileas Fogg do Condado, para que nos contase como foi todo

Xabier Gómez.

Pois si, si que vou. Teño pensado ir no verán a facer algúns países de África: Marrocos, Senegal…

Será un pracer desde logo

Todo comezou nun contacto que tiven co vespa club de Guimarães. En xuño do 2025 fíxose unha ruta desde esa localidade portuguesa ata Zamora con motivo da conmemoración do 900 aniversario da coroación de Don Dinís.

Tivemos unha cea con eles, e na conversa saíu a relación entre o castelo de Vilasobroso e a ruta que eles estaba a facer. Entón a min se me ocorreu proporlles que se achegaran a Mondariz Balneario.

En principio pareceume que non moita, pero pasado un tempo chamoume Rui, do club de Guimarães, e dime que estiveron pensando en facer a ruta do caramelo e consideraron a opción de Mondariz Balneario.

Unha ruta antiga que seguían os portugueses para mercar lambetadas en Galicia, pois eles non as tiñan. A min esta idea pareceume moi ben e púxenme en contacto con César Gil, o alcalde de Mondariz Balneario.

Portouse de maneira excelente. Todo foron facilidades pola súa parte. Entón comezamos a traballar no proxecto e fixemos a ruta desde Guimarães ata Mondariz Balneario.

Para evitar problemas loxísticos limitámonos nós mesmos a 60 participantes. Aproximadamente a metade eran portugueses e a outra metade eramos galegos. O alcalde recibiunos no Concello e tamén nos deron unha pequena charla sobre o vencello existente entre Mondariz Balneario e Portugal. Tamén demos un pequeno paseo polo castelo de Vilasobroso e nos ensinaron os edificios máis emblemáticos de Mondariz Balneario. Finalmente tivemos unha comida no club de golf e unha cata de augas.

Grazas á amabilidade de César, o alcalde, non, non custou demasiado. El creo que quedou tamén moi contento co resultado do evento, de feito xa me dicía de repetir no 2027 e subindo o número de participantes a 120.