Esta mañá, o alcalde Paco Ferreira, xunto cos concelleiros Nuria Lameiro e José Manuel Chamorro, achegouse ao Curro da Galiñeiro, para facer entrega, xunto co presidente do curro e numerosos veciños e veciñas de Vincios, da Mención de Recoñecemento Institucional a José Figueroa Freiría de 90 anos.
O Concello de Gondomar quixo así render homenaxe á súa extraordinaria traxectoria, ao seu compromiso co mundo do cabalo e da gandería e ao seu incansable labor na conservación e promoción dunha das nosas tradicións máis valiosas: as carreiras de cabalos salvaxes de Galicia.
O seu exemplo de esforzo, dedicación e amor polas nosas raíces constitúe un legado do que todo Gondomar se sente profundamente orgulloso. Parabéns, José, e grazas por toda unha vida ao servizo das nosas tradicións.





