Anxo Baz: “A improvisación do Goberno de Carrero está a converter este espazo singular nunha área de campismo descontrolado que cuadriplica a súa capacidade”
A Guarda, 30 de xullo de 2026. O entorno da Atalaia non foi unha escolla axeitada para a creación da area de estacionamento de autocaravanas. Normalmente este tipo de infraestruturas sitúanse na periferia de vilas e cidades e non ao lado dun museo e dentro do núcleo urbano.
Si a escolla da localización non foi axeitada, a falta de control e unha sinalización confusa e insuficiente veu aumentar o problema e está provocando un gran malestar na veciñanza. A área que en principio estaba concibida para 6 autocaravanas na actualidade pode chegar a cuadriplicar este número convertendo este espazo que se pretendía poñer en valor nun aparcamento masivo de autocaravanas. A instalación fracasa tamén no seu obxectivo de funcionar como aparcadoiro disuasorio para mellorar a mobilidade, en contra do que prometera o alcalde, Roberto Carrero.
O portavoz municipal do BNG na Guarda Anxo Baz, foi tallante “non podemos permitir que a improvisación do Goberno de Carrero acabe transformado este espazo nunha área de campismo descontrolado que degrada a imaxe dunha contorna que debería estar protexida pola súa singularidade polo que esiximos como mínimo unhas medidas de control eficaces que impidan o estacionamento irregular destes vehículos ”.





