Celso Posada
Todos os días érgome moi cedo e saio a tomar o café, mercar o xornal e voa u polo pan e despois aproveito para camiñar un pouco por Ferrol e sempre vexo o mesmo persoas migrantes que están traballando duramente, a pleno sol o chovendo na mellora das nosas infraestruturas no Peirao de Curuxeiras, na Construcción do Porto Exterior, nas panaderías, no coidado de persoas maiores, na hostalería, no reparto de publicidade, limpando cristais, no Servizo de Axuda no Fogar.
Hoxe quero agradecer o seu enorme esforzo, sacrificio e contribución a mellorar a nosa sociedade estas persoas contribúen enormemente a mellorar a nosa economía, o incremento da natalidade , a que podamos ter pensións e a viivr unha vida mellor así como o coidado dos/as nosos/as maiores
Teño moitas amizades migrantes e vexo o seu enorme esforzo por mellorar as condicións de vidas delas e das súas familias e das nosas sociedades. É moi duro deixar os seus países natais en busca dunha vida e dun futuro mellor pra elas e pras súas familias e iso o valoro moito e é un exemplo de sacrificio, dignidade do que temos que recoñecer.
Os/as que non vexo traballando tan duramente son a eses/as señoritos/as españois, españolas moi españois e moi españolas de bandeira e pulseira no pulso como Figaredo, Tellado e membros da extrema dereita que demonizan as persoas migrantes e que son profundamente racistas pero que non queren traballar en traballos que custan esforzo porque son profundamente clasistas e racistas e e que estenden odio pero que non contribúen en nada a mellorar as nosas sociedades so a dividir, fragmentar e destruír a convivencia pacífica .
As persoas migrantes non sobran quen sobran son as persoas racistas e fascistas que alimentan o odio, que destilan racismo, xenofobia e clasismo e que no contribúen a mellorar a nosa sociedade senón a empeorala e dividila.
Son tempos nos que toca defender a solidariedade internacionalista, loitar fronte ao racismo, o fascismo, a xenofobia, o imperialismo e o neoliberalismo.
É fundamental seguir loitando por unha sociedade diversa, multicultural, igualitaria, solidaria, feminista, antiracista, antiimperialista, antifascista baseada no respecto os dereitos humanos, a igualdade de oportunidades, a solidariedade internacional xa que a convivencia pacífica entre culturas diversas mellora as nosas sociedades e nos enriquece a todos/as.
Vivimos nunha sociedade diversa, multicultural na que nos enriquecemos unhas persoas de outras, unhas culturas de outras, uns países de outros porque a diversidade é boa sempre que estea baseada no respeCto os dereitos humanos, a soberanía dos pobos, a igualdade de oportunidades.
GALEGA O ESTRANXEIRA A MESMA CLASE OBREIRA.
RACISMO NUNCA MÁIS.
NON SOBRAN MIGRANTES SOBRAN RACISTAS E FASCISTAS


