Manuel Alfonso Estévez. Fillo de Fornelos da Ribeira

E para a nosa xuventude, que non sabe o que hai en Fornelos da Ribeira, vai un «anaco da historia» con Pedro Madruga (Pedro Álvarez de Soutomaior), que tanto gabou as nosas terras da comarca do Tea. É bo lembralo como fillo natural de Fernán Álvarez de Soutomaior, relacionado coa nosa historia por ser dono da Casa-Forte —onde están a igrexa parroquial de San Xoán, o Coto de Sá e As Fraguiñas— antes de que Enrique IV lle concedera a mitra de Santiago, grazas a posesionarse de todo polo falecemento do seu irmán Álvaro (Real Cédula do 6-VIII-1468). Polo tanto, foi dono desta terra e da Casa de Soutomaior.

E non é por nada, senón polo guerrilleiro, o desprezado inimigo dos Reis Católicos, que co alcume de «Pedro Madruga» cabalgou por estas terras aproveitando que a xente estaba durmida para tomar vantaxe.

Este home, anaco da nosa historia, casara cunha portuguesa chamada Teresa de Távora, e o seu escudo aparece na igrexa de San Xoán de Fornelos cos Sarmiento, os Castro e os Soutomaior. Lembro, polo tanto, a súa muller e os seus fillos, entre eles Cristóbal, quen din que era Colón.

Hoxe pouco ou nada se coñece da vida de Pedro Madruga, e a nosa xuventude xa non sabe nada da historia, menos aínda do testamento realizado en Refóios (Portugal) o 10-01-1486, para finalizar no convento de San Leonardo de Alba de Tormes, onde por certo ninguén reclamou o seu cadáver nin se botou en falta.

Indaguei probas caligráficas sobre se era Colón, pero a verdade parece ser que non, aínda que se coincida en protexelo. Cristóbal era fillo de Pedro Madruga e de Teresa de Távora.

Neste anaco de historia diremos tamén que está enterrado co seu pai. Polo tanto, non tivo nada que ver con Fornelos da Ribeira, aínda que soubera segredos portugueses.

Síntome orgulloso de ser un dos que veñen recuperando épocas que son a antesala da que actualmente vivimos, porque coñecer a historia daqueles antepasados que viviron en nós, mulleres e homes, e recoñecer as súas vicisitudes históricas non debe ser unha mera casualidade.

Segundo a documentación histórica, este Pedro Madruga controlou diversas fortalezas e, entre elas, a Casa-Forte de Fornelos da Ribeira xunto co castelo de Soutomaior ata a Guerra de Sucesión (1474-1479), cando a importancia de Fornelos dominaba o río Tea, conservando na memoria o asentamento fortificado, os fosos e demais dependencias de Rodrigo Áñez de Sá, casado con María Rodríguez de Avelán, todos desta terra.

¡Xa me gustaría a min verme sentado ao pé dunda pedra da Carballeira das Fraguiñas, coa miña pipa, a miña barba e a miña pajarita vermella, prestándolles unha humilde homenaxe a tódolos veciños e veciñas de Fornelos, onde as pedras falan dos devanditos homes e mulleres que traballaron a terra, abriron vieiros e deixaron nas mans unha herdanza chea de dignidade, baixo a sombra da carballeira! Para que todos os que se foron e os que viven non perdan a memoria nin o amor por esta bendita terra, e que estas pedras da Carballeira das Fraguiñas queden gravadas para sempre no corazón. ¡Así sexa!