O fútbol modesto é un universo con características moi semellantes entre os distintos equipos do rural galego: Subsistencia grazas ao traballo altruísta e desinteresado dos seus directivos, necesidade de grandes doses de imaxinación para captar os fondos necesarios para cubrir o orzamento anual, dificultades para facer os equipos de canteira por mor dos problemas demográficos que sofren as aldeas e grandes doses de paixón nas distintas afeccións.

Covelo non é unha excepción. O equipo navega pola 3º categoría autonómica, pero o seu presidente amósase ilusionado en que poidan ascender e consolidarse na categoría que cre natural , a 2º autonómica. Velaí vai o que deu de si a nosa conversa

“Teño moita confianza no equipo; creo que acabaremos nos postos de arriba da clasificación”

Esta é a terceira temporada de presidente. Levo quince anos na directiva, pero comecei como secretario.

Empezamos bastante mal, mal entre comiñas. Custounos un pouquiño facer o equipo. Os rapaces están nunha idade na que pensan noutras cousas e, entre os que tiñamos, montaron dous equipos de fútbol sala: un en Mondariz e outro en Ponteareas. Entón foi difícil completar equipo.

Levamos seis partidos desde que empezamos: perdemos tres, empatamos dous e gañamos un. Estamos regular, tirando a mal. Tamén hai que ter en conta que os primeiros equipos que nos tocaron eran dous equipos descendidos. Tocáronnos equipos fortes ao principio, e iso fíxoo máis difícil.

É o noso obxectivo ,si. O que nos marcamos é chegar á Segunda, e espero que algún día o equipo estea consolidado. Pero resulta complicado se todos os anos estás cambiando xogadores.. Espero que algún ano poidamos consolidar un bloque e despois facer cinco ou seis incorporacións de calidade, pero mantendo ese bloque.

A temporada é moi longa. Estamos xogando partidos entre semana porque somos máis equipos ca no grupo de Vigo e temos que rematar todos ao mesmo tempo. Teño moita confianza nestes rapaces. Creo que podemos estar aí arriba. Ao ser un equipo novo, estamos fusionándonos e integrándonos, pero penso que temos mozos moi bos para poder loitar polos postos altos.

Este ano temos vinte, momentaneamente. Queremos ter como moito vinte e dous. Prefiro ter vinte comprometidos a ter vinte e cinco e que despois haxa xente que non se comprometa. O malo é que, se tes moitos e non están comprometidos, á hora de facer as cousas complícase.

De momento non hai nenos suficientes para ter canteira, pero confiamos en que haxa unha reactivación poboacional, de feito estanse a arranxar casas e ven xente nova a vivir ao pobo. Se aumenta a xente e traen crianzas é posible que, co tempo, poidamos montar unha canteira. Encantaríame ter algún equipo de nenos pequenos. Ademais de poder nutrir o primeiro equipo con eses rapaces, sería unha actividade máis para que os nenos tivesen algo que facer.

Gustaríame que o campo tivese máis uso. Arranxárono e fixéronse obras: puxeron o marcador, arranxaron as gradas e botaron caucho no campo, que levaba desde que se inaugurou sen botar. Gustaríame que tivese un pouquiño máis de uso. Agora mesmo utilizámolo pouco: un partido cada quince días e os adestramentos, pouco máis.

Antes era o municipal de Covelo e agora é Amable Ramón Martínez Vidal. Unha persoa moi vincula ao fútbol en Covelo, e mesmo foi presidente do Club.

Marabillosas. Pablo, o alcalde, fai todo o que pode. Agora sorprendeunos cunha axuda para deportes; solicitou o marcador que non tiñamos, o arranxo das gradas e o caucho no campo. É un concello pequeno, somos poucos habitantes, e hai o que hai: dá o que pode dar. Non podemos facer milagres. Pero insisto en que estamos moi contentos coa actitude do goberno municipal

Ben, non imos tirar foguetes, pero empezamos estando en números negativos e agora temos superávit. Cando se montou o equipo, eramos cinco na directiva e puxemos 300 euros cada un para abrir unha conta e poder iniciar a actividade. Iso devolvéusenos e agora xa hai un superávit. Creo que a xestión económica está ben; todos loitamos por gastar o mínimo.

A subvención que nos dá o Concello cobre o 30%, e o restante temos que traballalo día a día: socios, colaboradores, cantina, patrocinios publicitarios…

Estou máis que satisfeito. Estou súper orgulloso da implicación da veciñanza de Covelo.