Juan Óscar Otero Lago. Arxentina

Esta mañá do 8 de outubro espertamos coa noticia do falecemento de Xosé Manuel Beiras. Lembraba nas dúas ocasións que o vin, foi o 10 de setembro do ano 2001, e meses despois en febreiro do 2002.

Beiras foi un dos dous cidadáns galegos máis importantes para Galicia durante o século XX. Un foi Castelao e outro foi el. El quixo vir a Buenos Aires , non soamente a atoparse cos galegos da emigración , senón a buscar as pegadas dunha Galicia que quedara do outro lado do Atlántico. A Galicia dos escritores, dos artistas, dos pensadores e do exilio da memoria que sobreviviron lonxe da terra de orixe.

Que quedou da nosa patria cando os seus escritores, os seus intelectuais morren lonxe dela, e que atopou Beiras nos lugares onde algunha vez viviron , escribiron, soñaron e loitaron por manter viva a súa identidade.

Naquela, a nosa primavera do ano 2001 era deputado no Parlamento de Galicia e Portavoz do BNG segunda forza política en Galicia. Beiras observaba nas rúas porteñas os carteis que dicían “ Botemos aos Galegos” Xosé Manuel non entendía que galegos eran todos os españois e o afirmaba á prensa arxentina como lexislador “ entendo que o pobo arxentino estea en contra dos españois, nós tamén pero das políticas económicas e das empresas españolas que empregan políticas de destrución non soamente en Arxentina senón en moitos países en Latinoamérica.”

Beiras estableceu unha distinción fundamental entre os cidadáns españois e os cidadáns galegos. É razoable que sintan moi doídos polo que acontece, polo baleirado e despece de Aeroliñas Arxentinas, que foi comprada polas empresas Marsáns xunto con Air Comet, alén das empresas Repsol e Telefónica con intereses económicos na Arxentina.

Foi recibido polo entón Presidente Arxentino Fernando De La Rúa en casa de Gobierno. O Presidente De La Rua era descendentes de galegos da comarca de Bueu e entre os asuntos tratados estiveron presentes a situación económica do colectivo galego, o panorama político económico español na Arxentina e as garantías democráticas do voto dos emigrantes.

Meses máis tarde ,o 5 de febreiro de 2022 volveu á Arxentina foi unha estadía de apenas 24 horas debido a unha viaxe a Porto Alegre ( Brasil) con motivo do Cume da Antiglobalización, cuxo lema era “ Outro Mundo é Posible”.

Nesa viaxe de escala puidemos escoitar a súa conferencia no teatro Bambalinas da Federación de Sociedades Galegas. Aquel coloquio deixounos unha imaxe significativa: a dun dirixente que alén de expoñer as súas ideas atopábase con home e mulleres cuxas historias privadas estaban ligadas a Galicia.

Beiras foi recibido no Centro Galego polas autoridades do Consello Directivo pero el sentía a necesidade de render a súa homenaxe a Castelao no piso 2 no cuarto 202. Entrou ao cuarto observou a súa cama ,as fotografías e aquel espazo cargado de historia e de súpeto o silencio. Un silencio que non era baleiro senón respecto, emoción e recoñecemento a un home cuxos ensinos atravesaran xeracións. Cando Castelao morreu en 1950 Beiras tiña 14 anos seguramente o lembraba que na súa adolescencia algo transcendería nunha pegada moi significativa, que ese pasado deixaba de ser unha referencia viva para converterse nunha presenza que o tempo nel non conseguira borrar.

Cando ese silencio confúndese co respecto, el comprendeu que hai homes que morren lonxe da súa Patria pero xamais abandonan á súa Galicia.

Beiras coñecía polas súas análises o valor da historia política e cultural de Galicia: Aquela visita exhortounos a preguntarnos se as xeracións posteriores, os de aquí e os de alí, soubemos recoñecer a súa total dimensión. Se cadra Beiras transitando os corredores do Centro Galego pensaba que unha cultura non poida ser perseguida, que os seus homes non poidan verse obrigados a partir e que os seus mellores proxectos non poidan quedar interrompidos.

A grandeza intelectual de Xosé Manuel Beiras residiu na súa capacidade para converter o coñecemento nunha ferramenta de compresión e transformación da realidade. Así quedou demostrado no seu libro “O atraso económico de Galicia” no ano 1972 .Non foi un estudoso de Galicia como obxecto distante, senón como unha sociedade cuxa historia, economía e cultura esixían respostas.

Esa combinación explica a influencia que exerceu, como as controversias que protagonizou contra Fraga Iribarne, Núñez Feijóo entre outros. A súa figura non pode reducirse a unha etiqueta partidaria, porque a súa obra e a súa traxectoria pertencen tamén á historia do pensamento galego contemporáneo.

Por iso o seu encontro en Buenos Aires coa memoria de Castelao e de tantos exiliados que xa non están adquiriu un significado especial. Alí cruzáronse dúas xeracións e as dúas formas de compromiso; as de quen converteu o exilio nunha loita por preservar Galicia e a de quen dedicou a súa vida para pensala e defendela desde outro tempo histórico.