Entre os días 6 e 20 de Novembro o Multiusos da Xunqueira de Redondela acolleu a exposición “ Anxos de Gaza”. Esta mostra recolle 150 debuxos do artista do Baixo Miño, profesor de debuxo no instituto Pino Manso do Porriño, Carlos Lago. Parte dos debuxos están feitos a lapis pastel, e outros con bolígrafo, algo que Carlos leva facendo toda a súa vida. Incluso ás veces, en momentos de ocio, aproveita para coller un bolígrafo e poñerse a debuxar o que se lle ocorra nese intre. Os debuxos reflicten o sufrimento das crianzas de Gaza ante o xenocidio perpetrado polo estado israelí, e o obxectivo da exposición, en palabras do artista,é que o mundo nunca esqueza o que está a pasar en Gaza.

A exposición foi organizada polo colectivo pro-palestino de Redondela, e nós non podiamos deixar de falar co autor dos debuxos.

Carlos Lago

Fun convidado polo colectivo pro-palestino de Redondela a expor uns debuxos sobre o xenocidio que está a sufrir a poboación en Gaza. Están expostos no multiusos redondelán.

Efectivamente, así é.

Pretendo que non se esqueza a terrible situación que vive a poboación da Faixa de Gaza. O estado de Israel está a cometer un xenocidio, e a máis elemental decencia humana esixe que nunca deixemos de denuncialo.

Si, xa me puxen en contacto cunha ONG que actúa sobre o terreo para que tramitase a xestión dos cartos.

Os primeiros están feitos con lapis pastel sobre cartolina negra ou marrón pero era moi complicado facer un cada dous ou tres días, non me daba tempo. Entón pasei a facelos a bolígrafo. Pintar con bolígrafo é algo que levo facendo toda a vida.

Polo momento estou moi satisfeito. Polo que puiden apreciar e polo que me contan a afluencia de visitantes é constante.

Non, non o foi. Nese sentido quixera salientar o apoio tan importante que me brindou a miña parella. Sen ela tería pedido papas varias veces.

Pois que deberamos ter tomado nota e facermos o mesmo.

Descoñezo as reviravoltas que houbo nas negociacións. Supoño que, como en case todo na vida, ter bos padriños axuda.

Se cadra o máis coñecido sexa unha serie de vídeo clips que fixen durante máis ou menos 10 anos para distintos artistas Como Guadi Galego, Uxía Pedreira, Xabier Díaz…

Tamén teño feitos carteis para diferentes festas, como por exemplo a de Tui, e ilustrado algúns libros.

Tratar de mover a exposición o máximo posible. Teño ofertas para levala a Santiago,Neda..quería levala á comarca do Baixo Miño, que é na que nacín e na que vivo. Tamén estou a traballar nun cómic, pero ese é un proxecto a máis longo prazo que probablemente non poida rematar ata que me xubile.

Ha, ha,ha. Ben, si. ás veces si que é certo. Pero fágoo ao mesmo tempo que os alumnos e alumnas están a debuxar.