Autor: Redacción A Nova Peneira

Antón Barreiro, Voceiro do BNG de A Lama

A Lama é un concello no que o PP semella ter gañada á inmensa maioría da súa poboación e con poucas posibilidades para que o nacionalismo artelle unha alternativa solvente que estea en condicións de disputarlle a vitoria aos populares. O Bloque quedou fóra da corporación nas municipais do 2.015. Nas últimas eleccións celebradas o pasado ano, recuperou a presenza e cun espectacular resultado nas autonómicos un novo tempo de ilusión e esperanza agroma na cada vez maior asemblea local dos nacionalistas de A Lama

Read More

Gonzalo Méndez supervisor da Escola Municipal de Atletismo Gustavo Dacal de Ponte Caldelas

En Ponte Caldelas existe un proxecto deportivo de formación moi meritorio. É a escola municipal de atletismo Gustavo Dacal. A escola está supervisada por Gonzalo Méndez, un veterano atleta marinense presidente do club de atletismo Rías Baixas de Pontevedra. Coa colaboración de Jesús Cortegoso e Adrián Pérez dous adestradores nacionais, Gonzalo, desenvolve este traballo, como tantas ocasións froito do voluntarismo e o sacrificio persoal, que trata de facer realidade a vontade de Gustavo consistente en que o atletismo contribúa á formación das nenas e nenos do pobo no que el naceu

Read More