Etiqueta: Concello de Pontevedra

Luis Bará deputado do BNG

Moi poucas persoas coñecen a realidade social do país galego tan ben como o deputado Luis Bará .El é un loitador incansable, un camiñante infatigable. Un deses tipos que pagan a pena, e dos que deixan pegada na alma de quen tivemos a fortuna de compartir tempo con el

Ler máis

As memorias de neno labrego do alcalde de Pontevedra

Cando o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, fala da súa nenez, trae a mente o Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Naceu en Sanxenxo en pleno franquismo, no 54, nunha familia de labregos con dúas vacas. A súa nai era costureira, dunha familia con posíbeis de Noalla que non vía con bos ollos que a nena casara con aquel rapaz pobre, fillo de solteira, por moi lido que fose.

Ler máis
Cargando