Deficiencias Zona Franca

CIG Zona Franca Vigo A Nova Peneira

A/A Delegado Zona Franca Vigo

Sr. DAVID REGADES

Estimado señor:

Co presente documento queremos denunciar, as que ao noso entender, son gravesvulneracións tanto en materia de seguridade viaria como en seguridade e saúde laboral dos/astraballadores/as. Os abaixo asinantes somos delegados de prevención e representantes dasseccións sindicais da CIG nas súas respectivas empresas situadas ou que realizan a súaactividade en instalacións na Zona Franca de Balaídos. Ao longo deste ano producíronsenumerosos incidentes e algún que outro accidente nas vías de acceso e arredores do recintode Zona Franca de Balaídos. Non é o noso labor o dilucidar quen ten a competencia en cadacaso, polo que remitimos este documento a Zona Franca como responsable directa,entendendo que debe partir de ela a iniciativa de poñerse de acordo coas distintasadministracións. Esperamos que teñan a ben coordinarse e emendar o máis axiña posible estasgraves situacións de risco que a continuación pasamos a relatar:-Acceso a Zona Franca Balaídos por Matamá.Neste punto a casuística é moi variada:

O estacionamento irregular de vehículos, (Turismos, Cabezas tractoras de camións,tráilers completos, camións, furgonetas de repartición, camións porta-coches…) nasbeiravías dos dous sentidos da PO-010, mesmo baixo do paso elevado da EstradaMatamá Pazo- Comesaña. Que pon en serio perigo por falta de visibilidade as/ostraballadoras/es que acceden co seu vehículo particular ao seu centro de traballo.

A consecuente trasfega dos condutores dos devanditos vehículos invadindo o vial echegando a atravesalo a pesar da mediana de formigón que separa os dous sentidos. Oque pon en serio perigo a integridade física dos choferes deses vehículos.

Ao carecer dun aparcadoiro acondicionado nesta zona atopamonos con bolsas de lixo eoutros refugallos acumulados nas beiravías que acaban no medio da calzada por efecto dovento. Co conseguinte perigo para os vehiculos que transitan por ela.

O estacionamento na rotonda de acceso a Zona Franca, anulando de feito o carril exterior(incluso as veces o carril intermedio) e coa consecuente falta de visibilidade tanto paraentrar como para saír da mesma. Todo o relatado anteriormente agrávase nas horas nocturnas pola falta de iluminación entoda a PO-010, mesmo no túnel, como na rotonda. Co incremento das xa altasposibilidades de atropelos, colisións por alcance ou outros accidentes. O que pon en graveperigo non só aos usuarios do vial, na súa maior parte traballadores en itínere, senónaos/as condutores/as dos vehículos estacionados que se atopan traballando nesemomento.-Rotonda de Acceso ás instalacións de GKN Driveline Vigo.

Falta de iluminación en todo o tramo desde a rotonda de acceso por Matamá, na propiarotonda de acceso a GKN e no seu aparcamento exterior desde a obra da novasubestación.

Desde o remate da obra da subestación eléctrica o chan do aparcadoiro exterior atopaseen deficientes condicións (baches, socavón e gretas) que agravase nos días de choiva polainexistencia dunha drenaxe en condicións.

O acceso peonil a planta de GKN no seu tramo final e perigoso pois discurre pola marxe doaparcadoiro exterior que atopase saturado de vehiculos que o invaden pondo en risco aintegridade dos/as seus usuarios/as. O seu remate é nun angulo recto con poucavisibilidade cara unha saída de camións.

Neste aparcadoiro exterior pola falta de espacio estacionanse os vehiculos de maneira quenon se pode retirar axilmente un vehiculo en caso dunha emerxencia. Sufrindo estesinconvintes maioritariamente o persoal das subcontratas.

Solicitamos habilitar unha marquesiña adecuada no sentido ascendente cara á saída deMatamá cun paso de peóns iluminado e sinalizado correspondentemente para cruzar caraa ela.

Lembramos que neste momento os/as usuarios/as do autobús esperan a pé da estradaque apenas ten beiravía, nin iluminación , nin marquesiña onde resgardarse coconsecuente perigo de atropelo.

Paso de peóns elevado con redutores de velocidade que faciliten cruzar a dita marquesiñaao persoal de GKN e reduza a velocidade dos vehículos que entran a rotonda.

Parte da planta baixa do aparcadoiro cuberto de GKN estase empregando como almacenauxiliar, en principio provisional, pero que leva a funcionar varios anos. O non estarhabilitado como almacen coas debidas medidas de seguridade fan del un grave risco paraos vehiculos e os/as usuarios/as do aparcadoiro.-Tramo da estrada de servizo interior na área de Gefco.

Débese habilitar nesta zona un aparcamento en condicións para os/as traballadores/as danave de Gefco.

Control dos gardas de seguridade de zona franca, pois especialmente en horario decambio de quenda queda un só carril para os dous sentidos.

Nesta área atópase un acceso peonil a Zona Franca e un paso de peóns escasamentevisible e sinalizado. Co consecuente perigo de atropelo.

Quitar as estanterías desmontadas e os carros que están amontoados nas entradas doCTL1 de Gefco, así podería aparcar o persoal de Gefco, ademais de por seguridade.

Sinalizar o muelle de descarga do CTL1 que da ó paso de peons de San Andrés: hai trailersque maniobran para entrar nese muelle que cuadra nunha curva e é perigoso pois non haiunha sinalización específica advertindo dese perigo.

Volver a pintar toda a sinalética en xeral: os sinais do chan están medio borrados.-Zona exterior acceso peonil San Andrés de Comesaña.

O paso de peóns que cruza a Estrada de Camposancos fronte de Autoservizos Familia nonestá suficientemente iluminado. Consideramos necesaria a semaforización deste puntode tránsito ao centro de traballo.

Desde o acceso peonil de San Andrés ata a rotonda existe un carril de incorporación aAvenida Citröen que evita a propia rotonda enlazando co acceso a Zona Franca baixo opaso elevado. Este carril usase na actualidade como aparcadoiro non acondicionado decamións e outros vehiculos. Pregamos se aclare a función deste acceso e no seu caso seprohiba o estacionamento ou se habilite como un aparcadoiro en condicións.-Acceso a Zona Franca baixo o paso elevado da Avenida de Citroën.

Escasa visibilidade nesta zona tanto para os vehículos coma para os peóns.

Escasa sinalización horizontal (paso de peóns e ceda o paso , etc…)

Firme da calzada en deficiente estado, tanto na estrada interior como na exterior.

As beirarúas e beiravías exteriores atopanse en deficente estado (maleza, lixo, losetasesmagadas polo estacionamento de camións, firme a distinto nivel en varios tramos..).- Entrada e saída de camións.

Restrición á entrada e saída e manobras de carga e descarga de camións nos cambios dequenda.Entendendo que a restrición afectaría aos seguintes horarios:1.Mañá de 05:30 ata 06:152.Tarde de 13:30 ata 14:153.Noite de 21:30 ata 22:15- Porta de San Andrés acceso PSA

Carece dun aparcadoiro para bicicletas analoga o da Porta central.

Requirese a seguridade de Zona Franca para que controle que non se estacionen nosaparcadoiros destinados a las motocicletas outro tipo de vehiculos.-Porta central . Balaídos.

Habilitar marquesiñas para os /as usuarios/as que recollen os autobuses nesa zona.

Aumentar o aparcamento de cortesía para evitar a dobre fileira especialmente noscambios de quenda.-Porta Pereiró.

Ordenación e sinalización dos estacionamentos na rúa Pereiró.

Iluminación do tramo de sentido único dende Avda. do alcalde Portanet ata o acceso azona franca.-Outras cuestións:Á vista de que ditas demandas anteriormente citadas precisan da necesaria interlocución condistintas administracións, pregamos traslade tamén a adecuación do acceso peonil dende opolígono de Navia ata Zona Franca. Nesta zona viven miles de traballadores/as que realizan asúa actividade na zona franca e no polígono do Caramuxo, e que teñen a VG-20 como unauténtico muro que impide que accedan andando ao seu centro de traballo polo risco deatropelo e aumentando innecesariamente o número de vehículos que transitan por esaszonas. Nese mesmo senso solicitamos un carril-bici tanto de acceso para estas zonas como demobilidade dentro de Zona Franca.Polo anteriormente exposto, solicitamos unha xuntanza de carácter urxente para abordarestes temas e para analizar as posibles solucións e aplicar as medidas correctorasoportunas e garantir así un acceso seguro as instalacións da súa competencia.Agradecendo de antemán a súa colaboración, reciba un saúdo. Asinado por os delegados de prevención e seccións sindicais da CIG de empresas situadas naZona Franca de Balaídos en Vigo.

Sección Sindical CIG GKN Driveline Vigo.

Sección Sindical CIG PSA Vigo.

Sección Sindical CIG Gefco.

Sección Sindical CIG Maviva.

Sección Sindical CIG Clece.

Sección Sindical CIG Senior.

Sección Sindical CIG Avanza.

Sección Sindical CIG ESC Servicios Exteriores.

Sección Sindical Prosegur.

Sección Sindical Ilunion.

Vigo 2 de setembro do 2019

Asinado en representación Secretario Comarcal CIG

Alberte Gonçalves.