A Liga Española de Fútbol. A análise de Pablo Couñago. “Máis dúbidas ca certezas”

Artigo de opinión A Nova Peneira
Pablo Counago Opinión deportiva A Nova Peneira
Pablo Couñago Exxogador do Celta

Despois das primeiras xornadas a maioría dos equipos favoritos seguen con bastantes dúbidas, o Real club Celta comezou a tempada cunha derrota fronte o Real Madrid (1-3) partido no que puido pasar de todo, pero o acerto do equipo branco e a fraxilidade defensiva do equipo celeste marcou o determinar do encontro. Na segunda xornada o equipo mellorou moito defensivamente e grazas a iso foi quen de gañar ó Valencia (1-0) e conseguir un empate no campo do Sevilla FC (1-1). Difícil de analizar foi o último encontro en Balaídos onde o equipo xogou condicionado polas dúas expulsións que sufriu nos primeiros 30 minutos do partido e deron unha gran vantaxe ó Granada que se acabaría impoñendo por (0-2),para rematar o pasado fin de semana cun meritorio empate ante o Atl. De Madrid que voltou a tropezar por segunda xornada consecutiva.

O Real Madrid despois dun bo comezo contra o Real club Celta non foi quen de conseguir unha vitoria no Santiago Bernabeu fronte o Valladolid (1-1) nin na súa visita ó estadio da cerámica (2-2) fronte o Vilarreal. No último enfrontamento na casa, despois dunha boa primeira parte, acabou pedindo a hora no partido do Levante FC (3-2) confirmando as dúbidas da pretemporada.

O FC Barcelona sufriu unha derrota no primeiro partido da tempada ante o Ath.Bilbao (1-0) e despois de sacar un gran resultado no seu estreo na casa fronte o Real Betis (5-2), as dubidas seguiron na visita ao acendido Osasuna (2-2) non foi capaz de romper a racha de máis de 20 partidos sen perder no Sadar, si foi quen de volver a golear na casa fronte o Valencia (5-2), aínda que o equipo volveu tropezar lonxe do Camp nou tras sufrir outra sorprendente derrota a mans do recen ascendido Granada (2-0).

O Valencia que segue con moitas dificultades tanto dentro como fóra do terreo de xogo, iniciou a campaña con empate na casa fronte a Real sociedad (1-1) e despois de saír derrotado fronte o Celta (1-0) conseguiu a primeira vitoria fronte o Mallorca (2-0). Despois do cambio de adestrador recibiu unha dura derrota do FC Barcelona (5-2). Por outro lado temos o Atletico de Madrid que comezou a tempada en moi boa forma conseguindo tres vitorias seguidas ante o sempre difícil Getafe (1-0) outra a domicilio contra o Leganés (0-1) e a ultima fronte o Eibar (3-2). A saída ao campo da Real Sociedad foi a primeira derrota do curso (2-0) e no pasado fin de semana non foi quen de marcar no empate ante o Celta de Vigo (0-0). Finalmente o equipo máis en forma no que vai de campionato o Sevilla FC conseguiu dúas importantes vitorias fóra da casa fronte o Español (0-1) e fronte o Granada (0-2), iso si, deixou escapar os primeiros puntos da tempada nos intres finais CONTRA o Celta de Vigo (1-1), pero si foron capaces de conseguir outra vitoria a domicilio na casa do D. Alaves (0-1).