Colectivo feminista Paxaretas de Redondela

Colectivo feminista Paxaretas A Nova Peneira

Anabel, Carol ,Cris, Débora, Irene, Lucía, Maika, Cheche, María, Marta, Maruxa, Noe, Pili, Helena, Mamen….son mulleres de Redondela, que entre outras constitúen o colectivo “Paxaretas”,e todas elas son imprescindibles, porque o feminismo é imprescindible como o é respirar, comer ou amar, xa que non poderemos vivir nunha sociedade xusta e democrática de verdade mentres a metade do xénero humano estea en inferioridade de condicións con respecto á outra metade, mentres exista unha soa muller no mundo que poida ser aterrorizada, sometida, humillada violentada, cousificada, violada ou asasinada só polo feito de selo. Por todas as que non teñen voz, por todas as que no futuro serán privadas dela, benvida sexa a voz do colectivo paxaretas e de todas e todos os que asumen voluntariamente un papel activo no combate contra a noxenta concepción patriarcal da arquitectura da sociedade.

Marcos Santos

A VIOLENCIA MACHISTA ESTÁ NO DÍA A DÍA, TODOS E CADA UN DOS DÍAS”

Só pola grande cantidade de persoas que asistides a esta entrevista xa teño a sensación de que estamos ante un colectivo moi numeroso?

Abofé que si. É un luxo poder ter constituído este colectivo feminista na nosa localidade, amplo , variado, plural, transversal e tremendamente unido e implicado no ben común

Por que nave Paxaretas?

A raíz da violación múltiple da moza de Pamplona

Credes que ese horrible suceso foi un punto de inflexión para a concienciación feminista?

No noso caso, as que xa estabamos enfadadas e con gañas de agruparnos foi o detonante, e a partir de ai creouse un grupo de whatshp onde empezamos a meter os contactos de mulleres que si poidan estar sensibilizadas co feminismo e naceu realmente como unha urxencia para darlle eco a unha realidade da sociedade ,e mais concretamente do mundo que vive a muller ,dos perigos que se expón no día a día .Consideramos un imperativo moral denuncialo para que os poderes públicos fagan o necesario para pór solucións efectivas e dilixentes

Como é o voso traballo diario ?

Bufff, moi intenso , o grupo do wasp bota lume con ducias de mensaxes case sempre, sobran ideas e por desgraza falta tempo polos traballos da vida cotiá pero podemos dicir que en nada saen as propostas e que en seguida nos organizamos e quitámolas para adiante con éxito. Temos reunións semanais para non perder nin o fío nin o traballo .

Tedes web verdade?

si así é, chamase paxaretas .org creouna Helena, e a verdade sentímonos moi orgullosas porque fixo un excelente traballo

Sodes un colectivo moi plural ?

Procedemos de disciplinas moi diversas da psicolóxica , educación , social , mulleres de ciencia , comunicación…. pero non só nos diferencia a profesión senón as vivencias de cada unha

As novas referentes a asasinatos machistas, violacións colectivas e todo tipo de abusos contra mulleres indican que a violencia de xénero é un fenómeno deste momento histórico en concreto.

Non, a violencia de xénero dáse ao longo de toda a historia da humanidade pero agora cremos que se denuncia en maior número de ocasións. Antes estas situacións calábanse por vergoña, non se denunciaba inda por riba de ser a vítima facían crer que eras a culpable

Como valorades, en liñas xerais o papel dos medios de comunicación?

De maneira moi negativa, e en ocasións desborda os límites da repugnancia, como por exemplo cando se poñen a “valorar” a vida sexual das vítimas de violacións .

A masculinización da xustiza incide en negativo na abordaxe xudicial da violencia machista?

Sen dúbida

Cal é a chave para comezar a rachar a arquitectura patriarcal da sociedade?

A educación das nenas e dos nenos en igualdade

Se algunha muller quere colaborar con vós, como pode contactar?

Por correo paxaretasredondel@gmail.com ou polas redes sociais .. facebook , instagram

Vós tendes unha implicación moi importante no tecido social redondelán que afecta a temas diversos como por exemplo o asunto da casa de apostas?

Somos eu diría, un colectivo social político cultural filósofo ,feminista de todo un pouco e iso nos enriquece e nos fai únicas e diversas …. e transversal .

Chamáronvos algunha vez feminazis?

É un paradoxo porque ese termo foi inventado por un nazi, que proxecta nas mulleres o que realmente é el

Cales son as vosas actividades na actualidade ?

Pois estamos co tema dos almanaques , coa venda solidaria dos calendarios que xa o presentamos hoxe. É unha iniciativa moi chula na que cada mes sae unha muller redondelá para sensibilizar do seu traxecto na vida, e cada mes unha muller representativa cunha frase significativa sobre o que é o feminismo para elas

Os homes podemos ir as manifestacións feministas?

Os homes debedes ter militancia feminista, os que o sintan de verdade deben combater explicitamente as actitudes patriarcais, dicir con claridade que ese lixo a vós non vos representa como homes. Nas manifestacións feministas debedes estar detrás das mulleres ou nas beira rúas apoiando, porque do que se trata é de que quen sofre o acoso, a violencia de todo tipo ata chegar ao asasinato ,só polo feito de sermos mulleres, sexa visible en primeira liña denunciándoo e combaténdoo

Sobre a prostitución cal é a vosa opinión ?

Nós somos abolicionistas ,é unha corrente que argumenta que todas as prostitutas traballan forzadas en maior ou menor grado, incluso podendo non sen ser conscientes delo, e por tanto é unha forma de violencia contra a muller .

Gustaríame saber a posición de paxaretas sobre a xestación subrogada?

Estamos en contra, cremos que é outra forma de explotación e de violencia contra a muller ,temos constancia de que existen granxas de mulleres en outros países, e logo é unha cuestión tamén interpretable en chave de clase, xa que só afecta a mulleres de clase baixa que se ven obrigadas a algo tan dramático por pura necesidade de supervivencia

MOITAS GRAZAS