Triste. De muita tristura, ollar o debate desta semana e todos os que miremos de aquí a domingo. Nese debate estaban os candidatos que na sùa grande mentira, prometen salvar a España. Todas eles falan do mal que faen os contrarios, solo o partido que eles representan son os bos. Demostraron tamén unha moi mala educación, interrumpindose uns a outros.
O que mais pena me deu de todo, foi a presencia de Cataluña e País Vasco. ¿onde estaba Galiza? Galiza non estaba presente, porque o seu poder está solo en Santiago e toca baixar a cervical o que mandan en Madrí. A culpa e de todolos galegos, pero tamen teñen unha grande culpa, aquelas institucións que teñen a responsabilidade de defender a nosa lingua e a nosa cultura. Claro que o presidente da Xunta supo cómo calmalos, dándolles uns vos orzamentos cada ano para calarlles a boca. Asi están dónde están e viaxan polo mundo enchendo a boca, co nome de Galiza. ¨ Este e o cantar que cantamos, outro millor non hai ¨ decía a nosa Rosalía de Castro. Galiza sigue pagando o canon, inda que nos escoiten non nos fan caso. Para que millor me entendan teño que explicar, que e millor que nos gobernemos a nosa casa a que nola gobernen dende Madrí. A historia da nosa terra seguirá contándose nunha lingua estranxeira, Temos políticos da bondo para estercar todolos nosos eidos, mui poucos valen a pena. Iso si temos políticos famosos que o mismo bailan un tango que un pasodoble, para contentar a certa xentiña. A política da democracia, debería servir para que foramos críticos cos que mal gobernan, pero fixemos da política unha ideoloxía do futbol, e defendemos o noso partido por riba de todo. A política ten que ser algo mais serio. Ten que ser a fouce da razón e non a razón da fouce.