ARTELIXO XII Edición Redondela 2020

Arte lixo Redondela A Nova Peneira Redondela

O Colectivo ArteLixo abre o prazo de inscrición de proxectos e ideas para a edición do presente ano, que se celebrará en Redondea do 19 ao 30 de abril.

INTRODUCCIÓN

O Artelixo nace no ano 1995 en Redondela por iniciativa do “colectivo Josefá” como protesta a un vertedoiro de lixo situado preto da feira do gando no centro da vila e continuou coa súa actividade reivindicativa até o ano 1999. Xa en 2012, o “colectivo Senghasoil” inclúe o Artelixo nunha programación con máis actividades da mesma índole político-social-cultural e o leva a cabo en colaboración con membros do “colectivo Josefá”, recuperando o espírito reivindicativo que deu vida ao evento nos anos 90 para loitar contra os problemas actuais: Lixo político, económico e social.

Dende hai uns anos a organización corre a cargo do colectivo ArteLixo que para esta edición conta coa colaboración da concellalía de cultura do concello de Redondela

Como sabedes o obxetivo de Artelixo é facer de Redondela un gran escenario onde poder amosar as inquietudes, preocupacións ou desconformidades da poboación a través do arte en distintas expresións como a pintura/escultura con material de refugallo (Artelixo), música (Sonalixo), poesía (Parnalixo) e talleres artísticos para os máis cativos e cativas (Obralixo).

Estas actividades desenvolveranse do 19 ao 30 de Abril no centro da Vila de Redondela. Ademais, trala experiencia de anos anteriores, contarase co apoio do comercio redondelán contando coas exposición nos escaparates dos locais interesados en participar.

Como se ven facendo nos últimos anos o ArteLixo conta coa participación dos colexios e institutos de Redondela e as súas parroquias.

OBXECTIVOS

  • Facer de Redondela un gran escaparate da reivindicación social e política da poboación a través do arte en distintas expresións.
  • Favorecer un uso responsable dos recursos dos que dispoñemos e fomentar a recuperación e reutilización dos materiais
  • Integrar aos distintos axentes locais nunha actividade que favorece á comunidade levándonos a un espazo de reflexión comunitaria
  • Utilizar o espazo público como medio de expresión artística

SECCIONS NAS QUE SE PODE PARTICIPAR :

  • ARTELIXO: Expresión plástica e artística do sentir a través do “lixo”. Historicamente este acto realizase nas Ruas de Redondela, ( alameda, soportais, etc.)  utilizando así o espazo público e reivindicando como propio. O logo dos anos este esceario foise ampliando coa aportación dos escaparates dos comercios, e tamén con exposicións no Multiusos da Xunqueira, dende a organización co obxectivo de ampliar e descentralizar o evento fomos levando a outras parroquias o evento, sendo en Chapela, fai dous anos e en Cesantes o ano pasado onde realizamos unha pequena expo ademais da apertura e inicio do Artelixo, este ano aínda o temos que determinar, porén a idea é que toda aportación é benvida, pero tera que ser auto organizada. 
  • OBRALIXO: Actividades dirixidas á cativas e cativos. Co obxectivo de evidenciar a importancia do uso dos materiais de refugallo, reutilizándoos con fins lúdico artísticos e prácticos, favorecendo a creatividade. Ao remate do primeiro Obralixo realizarase un pasarrúas cos cativos/as.Non é necesaria inscrición previa.
  • PARNALIXO:Expresión poética do sentir a través do “lixo”. dentro deste marco  destacaremos duas actividades: 
  1. Recitado de poemario propio ou non, durante a celebración do SONALIXO. Disto darase conta mais adiante.
  1. PINTURA de PEONS. Que ben sendo rotular os pasos de peons con poemas, este acto faise coordinado cos colexios e institutos de Redondela 
  • SONALIXO: Expresión musical do sentir a través do “lixo”.  Acto que consta de actuacións expontaneas, e de expontaneos/as, de inscripción no propio momento, desenvolvese no patio das antigas Casas dos Mestres de Redondela, onde a organización dispora de todo tipo de material técnico. Amplificacións, micros, etc. 

Esta ano 2020 o Artelixo, ímolo adicar a peghada da humanidade na terra.

A peghada do humano”, é o tema polo que vai xirar esta edición.

Resulta que atopamos unha peghada que delatounos:(foto)

E non foi unha criatura fantástica quen a deixou aquí, senón que é unha metáfora diso que se deu en chamar a pegada de carbono (a cantidade de gases de efecto estufa que producimos cos nosos hábitos diarios), que non é senón unha metáfora da capacidade destrutiva da especie humana. Especie cun talento desmesurado tanto para a máis fermosa xesta coma para o máis terrible, abxecto e estúpido dos crimes: a destrución do seu medioambiente; un desequilibrio e desgaste tal que ameaze a súa propia subsistencia, un mundo enteiro.

Velaí a nosa humana pegada de carbono. De carmono. Cada vez máis xigantesca e cheirenta. Unha pegada que xa manca. Porque tamén hai humanidade sensíbel. Que sente. Que sofre. E a ela se dirixe esta intervención de Artelixo. Para que se repense. E recúe. Porque os pasos atrás non sempre son covardes. E este é o máis valente e avanzado que se pode dar hoxe en día. Un paso atrás no consumo: e reducir. Un paso atrás na mobilidade: e compartir. Un paso atrás na xestión dos residuos: e reutilizar. Un paso atrás no progreso que nos contan pola tele: e reciclarnos. Cada unha de nós. A cada paso.