As mans de Eva

Bio terapia A Nova Peneira
Tino Lago

Cando era adolescente quería ser profesor de literatura. A palabra sempre foi o vehículo a través do cal as miñas emocións se expresaban coa maior intensidade, tanto no papel de emisor como no de receptor. De feito nunca fun capaz de chegar á expresión física do afecto sen antes ter acadado antes unha conexión emocional intensa que en todos e cada un dos casos agromou dunha conversa inicial que me provocou sensacións diferentes ás habituais. Os camiños da vida non me permitiron chegar a exercer a profesión que me tivera gustado, xa que toda a miña actividade profesional descorreu, dun modo ou outro, vendendo cousas pola rúa. Máis de 20 anos de experiencia comercial ensináronme que non hai mellor modo de facer fiel a un cliente que establecendo vínculos persoais con el, non a modo de estratexia comercial, senón porque te importe realmente, porque estás sinceramente agradecido de que colabore co teu proxecto empresarial e desexas o mellor para el e os seus. Xa que logo ,todo o gasto que preciso facer, fágoo sempre nos anunciantes da, A Nova Peneira, no pequeno comercio das nosas comarcas, pois dar a quen te dá, ao meu xuízo, é a mellor maneira de asegurar o funcionamento dunha sociedade. Eva Varela ten un centro de masaxes en Puxeiros, ” Bio Terapias Eva Varela”, é moi doado de localizar pois esta situado xusto a carón da oficina de correos, asemade é unha persoa amable, cordial e lúcida coa que é moi agradable conversar. Nunca na miña vida, e xa vou tendo uns aniños, recibira unha masaxe, nin nada que se lle pareza, e confeso que vivo en permanente situación estres, fago centos de kilómetros á semana, e ás veces teño a sensación de que o señor Lobo, aquel personaxe de “Pulp Fiction” que se dedicaba a resolver problemas complexos é o meu alter ego. E ben, aconsellado por un amigo de Gondomar que seica vivía coma min, antes de recibir ese tipo de tratamento, e agora é o acougo a paz e a serenidade feitas persoas acudín ao local de Eva para que me recomendase algún tipo de tratamento. Ela, case sen coñecerme, e sen saber nada das miñas circunstancias vitais, pronto se decatou de que eu son todo o contrario do meu amigo Carlos de Gondomar, o estres feito persoa. Eva recomendoume unha das súas especialidades, a masaxe hawaiana lomi lomi. E alí fun probar, recoñezo que un tanto nervioso e asustado, unha masaxe que dura arredor de 90 minutos. O ambiente cálido e cómodo da sala, a profesionalidade e a confianza que transmite Eva, eliminaron de contado a miña incomodidade e por primeira vez en moitos anos, lograron que a miña mente puidese desconectar un anaco deste xornal que semella ser todo o seu universo. A masaxe ven acompañada de música, e Eva acompasa os seus movementos aos ritmos musicais nunha fusión perfecta de corpo e alma que consigue acadar , polo menos na miña persoa así foi, un estado de relaxación e paz tan intenso que, sen dúbida, o situaría ao nivel das experiencias sensoriais máis agradables da miña vida. Si, AS MANS DE EVA conseguiron por primeira vez na miña vida desprazar á palabra como vehículo principal de transmisión emocional, as man de Eva son máxicas e, con toda a humildade ,tomo a liberdade de recomendar a todos os lectores e lectoras que as coñezan.