Eva é unha antiga amiga da nosa casa, coñézoa desde hai moitos anos. E non resulta nada fácil resumir a miña valoración sobre a súa valía profesional nunhas poucas liñas de texto, porque a miña puntuación positiva sería inmensa, como inmensos son os astros do ceo ou os camiños do mar. Se cadra o máis sinxelo de dicir é tamén o máis realista para describir á protagonista destas liñas: sempre que saes da consulta de Eva, despois de que as súas máxicas mans naveguen polo teu corpo, falo moito mellor do que entras. As súas mans son como aquel verso do poema XV de Neruda: son como estrelas á vez lonxanas e á vez sinxelas.
Agora, na súa consulta poderemos atopar unha ampla gama de servizos a maiores relacionados coas propiedades terapéuticas da auga. E nós convidamos a todos os nosos lectores e lectoras a coñecela porque unha masaxe de Eva é, como cantaba Antonio Machado, como unha noite de verán.
Avenida de Peinador nº 3.Puxeiros. Mos
TFN 661 935 552
Primer comentario