Laura Reigosa masaxista no Pazo de Mos

Maxasista Pazo de Mos

Laura é unha moza de Caldelas de Tui que é masaxista, auxiliar de enfermería e que aínda non deu por satisfeitas as súas ansias de aprendizaxe e mellora profesional pois na actualidade está a estudar a carreina de logopedia . Ela gáñase a vida dando masaxes no segundo andar do Pazo de Mos. Asemade puxo en marcha un interesante proxecto de espazo social con actividades lúdicas e terapéuticas para grupos reducidos de persoas. O seu negocio está inscrito no rexistro único de entidade prestadora de servizos sociais da Xunta, de feito o seu proxecto presentouno aos premios AGADER. Nós fomos coñecela

Que é o que fas no Pazo de Mos, Laura?

Son masaxista e fago actividades de readaptación de mobilidade funcional. Axudamos a ampliar a mobilidade articular das persoas

A túa actividade desenvólvela no Pazo de Mos. Por que escolliches este lugar para traballar?

Ben, porque eu creo que reúne todas as condicións de calidez, comodidade e fácil acceso que fan que os usuarios e usuarias reciban os seus tratamentos nas mellores condicións posibles. Estamos no 2º andar a carón do auditorio.

Cando comezaches no Pazo?

Xa hai un ano, o tempo pasa moi rápido.

Como podemos facer para solicitar os teus servizos?

Pedindo cita por teléfono. Vía chamada ou vía whats app no número: 655261480

Cal é o teu horario de atención?

De luns a venres mañás e tardes. En calquera caso sempre procuramos adaptarnos ás necesidades do cliente para pórllo o máis fácil posible.

Levas moito tempo coas masaxes?

Si, xa levo 15 anos. Comecei bastante nova a verdade

Cal é o perfil principal dos teus clientes?

A verdade hai de todo, pois o tipo de vida que levamos fai que o estrés e a tensión sexan as nosas compañeiras de viaxe moito máis tempo do que desexaramos, e desde moito antes de que o propio desgaste do corpo, causado pola idade, faría máis habitual. Sen embargo a xente maior segue sendo a máis numerosa claro. A medida que pasan os anos o corpo acusa máis o esforzo e o desgaste, e as masaxes axudan moito a levalo mellor.

Cales son as patoloxías máis habituais?

Dor cervical, dor lumbar e falta de mobilidade.

E cales son as causas máis habituais dese tipo de dores?

Soen ser causadas por malos hábitos vitais, ou polo propio desgaste do corpo.

Os tratamentos soen ser moi prolongados?

Xeralmente con unha ou dúas sesións melloran. Logo recomendamos facer mobilidade

En que consiste?

Recuperar a funcionalidade, conservar a mobilidade, tonificar o corpo e axudar a que manteñan a musculatura, principalmente a xente maior para que manteñan a posibilidade de levar unha vida funcional.

Podes tratar todo tipo de patoloxías?

Non, hainas que son de fisioterapia e hai que derivalas

Gústache o teu traballo verdade Laura?

Moito, a verdade é que si. Axudar á xente e ver como melloran é realmente gratificante.

Tes tamén outro proxecto moi interesante que me gustaría que me comentaras?

É un servizo que pretende ofrecer varias actividades , organizadas en grupos reducidos de persoas entre 8 e 10. Hainas moi diversas como por exemplo mobilidade funcional, técnicas de elaboración de pan de millo…Realmente a nosa filosofía é ofrecer un espazo social guiado por monitores onde durante todo o ano fanse actividades. E pretendemos cubrir dúas áreas: a parte lúdica de socialización e a parte terapéutica en aspectos como a mobilidade, a memoria ou a psicomotricidade. Xa levamos coa parte de ximnasia desde o mes de xaneiro e a aceptación é moi boa

Ten vocación de continuidade?

A nosa idea é que si.

Esas actividades son tamén no Pazo de Mos?

Si. E para calquera persoa que estea interesada, como coas masaxes, só ten que apuntarse por teléfono

Calquera persoa interesada pode apuntarse?

Si claro, son actividades organizadas para persoas de todo tipo de idades