Ponte Caldelas recibe a Bandeira Azul e o distintivo Sendeiro Azul

Praia fluvial A Calada Ponte Caldelas A Nova Peneira

Andrés Díaz propón que en 2021 o acto de entrega dos galardóns se realice na Praia Fluvial da Calzada, único arenal de río con este distintivo en España

Ponte Caldelas, 26 de xuño de 2020

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, recibiu hoxe da man da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, a Bandeira Azul que ondeará un verán máis na Praia Fluvial da Calzada, único arenal de río de toda España que conta con esta distinción. Díaz tamén recibiu o distintivo Sendeiro Azul para a senda que acompaña ao río Verdugo, un galardón que recoñece o esforzo na recuperación de camiños tradicionais e sendas para a súa transformación nun espazo turístico e de ocio.

“É un orgullo para Ponte Caldelas contar con esta dúas distincións, sobre todo porque somos a única praia fluvial de toda España que conta con tan prezado distintivo de calidade e seguridade”, indica Díaz. Durante o acto de entrega das bandeiras azuis, Andrés Díaz trasladou á conselleira de Medio Ambiente o seu desexo de que en 2021 o acto de entrega de bandeiras azuis se celebre na única praia fluvial de España con Bandeira Azul: a Praia Fluvial da Calzada de Ponte Caldelas.