Cristóbal López | Cordinador de Ecoloxistas en Acción Rías Baixas
Co gaio da Semana Europea da Mobilidade adicada a unha mobilidade sen emisións, as ecoloxistas en acción estrenamos catro documentais sobre a mobilidade verde nascidades das Rías Baixas: Pontevedra, Vilagarcía, Cangas e Vigo.
Os documentais que realizamos no verán consisten nunha entrevista a un representante do correspondente goberno municipal e a colectivos do concello relacionados coa mobilidade sen fumes ou a accesibilidade. Aparecen así o Fernando Lores alcalde de Pontevedra, Paola María, concelleira de urbanismo de Vilagarcía e Xose Manuel Pazos, alcalde de Cangas (o alcalde de Vigo mudou de opinión a última hora e rexeitou participar). Participa tamén en varios dos documentais a técnica de accesibilidade de COGAMI, así como persoas asociadas aos colectivos ciclistas ou de movementos cidadáns.
Apostamos por potenciar a mobilidade activa e o transporte público, ademais de implantar zonas de cero emisións para conseguir cidades sen emisións. O apoio ao transporte público, dentro e fóra das cidades, é imprescindible para evitar o colapso das cidades, a contaminación e loitar contra o cambio climático. Reclamamos tamén ás administracións locais que realicen unha campaña de concienciación sobre a seguridade do transporte púnlico. A pesar de que non se atoparon brotes de contagios de COVID–19 relacionados con metros, buses, trens ou tranvías, estes medios considéranse lugares pouco seguros. As mensaxes sen fundamento científico lanzados por autoridades e medios de comunicación indicando ao transporte público como un medio pouco seguro fixeron estragos. A suma de todo resultou nunha diminución xeneralizada de persoas que utilizan o transporte público e un repunte do uso do coche. Se a tendencia continúa, é moi probable que vexamos atascos moito máis intensos e un aumento xeneralizado da contaminación, con terribles consecuencias para a calidade do vida e a saúde pública.
É tamén alarmante a situación do tren. A día de hoxe, Renfe non volveu a poñer en marcha todos os seus servizos. Nin sequera liñas con obrigación de servizo público recuperaron a súa frecuencia, o que caia máis aínda o número de persoas que utilizan os trens e que unha longa lista de cidades e pobos visen aínda máis mermadas as súas conexións. Unha política que vai en dirección contraria á transición ecolóxica.
A fórmula que propoñemos é sinxela: pés + pedais + transporte público + Zonas de Baixas Emisións e, se é posible, zonas de cero emisións, de modo que os poucos coches que circulen sexan coches pouco contaminantes ou, aínda mellor, cero emisións. Neste sentido destacamos a aposta de Pontevedra por unha cidade peonil libre de ruídos e fumes, unha cidade amable para a convivencia, unha cidade para todas. Pontevedra acadou confinar o coche e recuperar os espazos públicos para a cidadanía. Con esta medida non só evita que aumente a contaminación e as emisións de gases de efecto invernadoiro, senón que ademais acadou un aire saudable.
Esta proposta de restrinxir a entrada de coches ás cidades e unha repartición do espazo público máis favorable para viandantes, ciclistas e transporte público está apoiada por máis dun 80% da poboación española, segundo unha enquisa realizada por YouGov. Tamén máis de 40 organizacións da sociedade civil reclamaron nos últimos meses este tipo de cambios para as cidades.
Reclamamos aos concellos que faciliten que a explosión ciclista que se produciu ao finalizar o confinamento se poida materializar nun aumento da mobilidade ciclista. Aprecianse esforzos neste sentido en Vilagarcía coa recente creación de carris bici, ciclocarris ou sendas verdes. Esforzos que aplaudimos e que agardamos que teñan continuidade para que as cidades ciclabes sexan unha realidade.