Bares, restaurantes ou tabernas das nosas aldeas son esquecidas por este goberno municipal e nos últimos tempos incluso criticados por sectores do PP e do PSOE local.

Consideramos que non debe ser así, que son negocios que levan dinamizando o concello dende tempos inmemoriais e facendo grande a richada, os camiños dos peregrinos e acollendo a toda a xente que pasa polo noso concello ou aos que aquí vivimos, polo que merecen todo o apoio e respecto.

Propomos se destine unha pequena partida para crear eventos musicais da man dos locais hostaleiros, o que atraerá xente ao concello e ao mesmo tempo posibilitará que os moitos músicos forcaricenses poidan ter unha oportunidade de facer da música un modo de vida.

Non é nada novo, países como Irlanda, Gales, Escocia, etc… teñen moi interiorizada esta asociación de música e hostalería, creando moitos postos de emprego, polo que propomos que ao longo de este vran e outono se promovan estas actuacións, que de seguro se consolidarán no tempo.

Por outra banda propomos tamén que a festa do gaiteiro de Soutelo se meta dentro do itinerario de festivais de Galicia. Cremos que é merecido que os grandes percusores da música tradicional galega teñan ese recoñecemento e esa nova dimensión da súa festa, medrando e acadando máis representatividade dentro do panorama musical galego.

Queremos tamén que ese festival en Soutelo sirva para que as comisións de festas do concello se vexan respaldadas e poidan ter unha fonte de ingresos na concesión das barras de bebida ou comida que se instalen, camiñando cara a autoxestión do festival.

Roberto Jorge Correa.

Concelleiro do BNG